miniatura|dereita|220px|Casulo. O casulo, casulla ou casullo é o envoltorio que fabrican as larvas de numerosos insectos segregando certa substancia, en particular o do verme da bolboreta da seda. O casulo está constituído por un material semellante á seda.

Na orde dos lepidópteros, coincide coa fase da metamorfose denominada crisálide, caracterizada por un estado quiescente inactivo, sendo o estadio intermediario entre a larva e o adulto.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Ninfa Larva Pupa Verme da seda Cocoonase

Categoría:Insectos Categoría:Bioloxía do desenvolvemento