Santiago de Goiriz é unha parroquia do concello de Vilalba, na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2022 tiña 625 habitantes (294 homes e 331 mulleres), distribuídos en 48 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 857 habitantes.
Xeografía Está atravesada pola estrada N-634 e pola estrada que vai de Vilalba até Árbol por Román. Está dividida en cinco roldas, creadas polos veciños para a organización das festas: A rolda de Trece, no límite do concello, a de Bidueiros, na marxe esquerda cara a Asturias, a Ribeira, Tarrío e Medios Aneiros.
A distribución dos lugares nas roldas é a seguinte:
Bidueiros: O Acivro, O Alto de Liñares, Bidueiros, As Casas Novas, Currás, O Francés, Liñares, Os Ouros, A Taberna de Abaixo, A Torre.
Medios Aneiros: Aciveiro, Belote, As Cafúas, O Campo, O Campo do Cristo, Cas Camba, Casanova do Toxal, O Castro, O Cristo, Cruz de Aneiros, Os Gardados, Lamaceu, A Mámoa, O Outeiro, A Pena, A Pinguela, Riba do Vilar, Ver. A Ribeira: O Carral, Cas Chaira, Graduín, Lamelas, Lodeiro, A Moura, As Touzas, Tronco. Tarrío: O Areal, Barbeitas, As Bouzas, A Casanova, Cendán, O Cosqueiro, Fabás, Gocendre, Gomariz, A Grela, Lagoela, Orbazán, O Piñeiro, Porrás, O Porto da Loba, Reboiros, Reguengo, Santo Adrao, Tarrío. Trece: Balsa, Broz, A Carballeira, O Carballo, A Cancela, Caxigal, O Cordal, O Espiño, O Fontao, Fonte Salgueiro, Fonteboa, Fontoira, Fra, O Igrexario, A Ramalleira, Reción, Os Plantíos, O Pumariño, Santa Comba e A Uceira.
Abundan na parroquia as cerdeiras, e os amplos vilares para o cultivo de patacas e grandes praderías xunto con chousas infrautilizadas.
Patrimonio O castro de Goiriz, próximo á igrexa parroquial, cunha extensión de 2 ha, ten tres defensas e ten boa visibilidade. Na igrexa parroquial unha inscrición alude ó dereito a refuxio ós perseguidos pola lei. O pazo de Cazás pertenceu á familia de Quirós Baamonde Freire de Andrade e Taibo.
Demografía
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Goiriz
Parroquias de Vilalba
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilalba
Categoría:Parroquias de Vilalba Categoría:Localidades do Camiño do Norte Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior