Benigno Fausto Galdo Fernández, nado en Viveiro en 1944 e finado na Coruña o 5 de novembro do 2012, foi un médico, historiador e académico correspondente da Real Academia Galega.Pasamento do académico correspondente Fausto Galdo na páxina web da Real Academia Galega

Traxectoria

Fillo de Tomás Galdo López. Coma médico, desenvolveu case toda a súa carreira no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, onde foi xefe da sección de reumatoloxía ata a súa xubilación en 2011. Tamén foi membro da membro da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

En canto á súa faceta de historiador, destacou polos seus estudos sobre a historia da vila na que naceu, chegando a ocupar o posto de cronista oficial. Tamén foi socio fundador do Seminario de Estudos Terra de Viveiro e da Asociación Cultural Estabañón, e membro da Academia Galega de Gastronomía. miniatura|300px|Salón de actos da Real Academia Galega durante a presentación do libro Abecedario das mantenzas. Obras Reumatismo en Galicia, Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña (1980).Biografía Pintores y pintura de Viveiro, Ediciós do Castro, Sada (1992). Introducción a la historia de las aguas minerales de Galicia, Ediciós do Castro, Sada (1995). A Coruña en la historia de la viruela, con Carlos González Guitián, Via Láctea Editorial, A Coruña (1996). A memoria de Lugo, con Carlos Díaz Martínez, Paco Martín, Manuel María, Lois Diéguez, Xerais, Vigo (2000). Bibliografía gastronómica de Galicia, con Guillermo Escrigas, Bibliografía de Galicia 20. Xunta de Galicia (2003). A memoria de Viveiro, con Carlos Díaz, Edicións Xerais, Vigo (2004). Abecedario das mantenzas, Edicións Xerais de Galicia, Vigo (2012) (publicación póstuma).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Médicos de Viveiro Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega