250px|right|thumb|Eosinófilo, célula sanguínea que se atopa nos pulmóns nas eosinofilias pulmonares. As eosinofilias pulmonares son un grupo de síndromes e doenzas caracterizados por causaren infiltrados pulmonares nos que predominan os eosinófilos, un tipo de células do sangue.http://emedicine.medscape.com/article/301070-overview Neste grupo de enfermidades no se inclúen aquelas que poden acompañarse de eosinofilia pero que teñen unha causa propia, como poden ser tumores, infeccións, a artrite reumatoide (AR) ou a granulomatose de Wegener, entre outras. Tamén factores extrínsecos poden ser a causa dunha eosinofilia pulmonar, entre eles os efectos adversos a certos fármacos.http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/ency/article/000105.htm
Clasificación Podemos clasificar a este tipo de doenzas segundo sexan primarias, isto é, sexan por si propia a causa de eosinofilia, ou secundarias, isto é, a consecuencia doutros procesos.http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/17495282 Primarias ou idiopáticas Eosinofilia pulmonar simple ou Síndrome de Löffler. Pneumonía eosinofílica crónica (PEC ou NEC). Pneumonía eosinofílica aguda. Síndrome de Churg-Strauss. Síndrome hipereosinofílico idiopático. Granulomatose broncocéntrica. Secundarias Por efectos secundarios dos fármacos. Ver Eosinofilia pulmonar iatroxénica. Por parasitos. Asperxilose broncopulmonar alérxica (ABPA).
Véxase tamén Notas
Outros artigos Eosinófilo
Categoría:Pneumoloxía