Giorgio Bassani, nado en Boloña en 1916 e finado no ano 2000, foi un escritor e xornalista italiano de orixe xudía. Traxectoria Estudou na Universidade de Boloña co historiador Roberto Longhi e en clases privadas co tamén historiador e filósofo Benedetto Croce. En 1943 uniuse á resistencia antifascista polo que as autoridades arrestárono en Ferrara en maio de 1944, aínda que saíu en liberdade en xullo, trasladouse a Roma e alí editou a revista literaria, Botteghe oscure entre 1948 e 1960. Tamén foi editor de Paragone, xornal que fundara Longhi coa súa dona, Anna Band.

Como editor da editora Feltrinelli foi o primeiro en recoñecer o mérito literario de Il gattopardo de Giuseppe Tomasi di Lampedusa. Foi vicepresidente da RAI. En 1940 publicou a súa primeira obra, Una città di pianura, pero a primeira en ser recoñecida foi un volume de relatos, Cinque storie ferraresi que publicou en 1956, ao que seguiu unha serie de novelas centradas en Ferrara, Il romanzo di Ferrara, Il giardino dei Finzi-Contini, Gli occhiali d'oro, Dietro la porta, L'airone e L'odore di fieno. Obra

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Escritores de Italia Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Nados en Boloña Categoría:Poetas de Italia Categoría:Poetas en lingua italiana