O Atlético Levante Unión Deportiva é un club de fútbol español da cidade de Valencia. É o primeiro equipo filial do Levante Unión Deportiva. Foi fundado en 1957 como Portuarios e en 1962 foi substituído polo Atlético Levante, nome que recuperou de novo para a tempada 2014/15. Actualmente xoga no grupo III da Segunda División B española.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta azulgrana, pantalón azul, medias azulgranas. Uniforme alternativo: Camiseta con franxas negras e brancas, pantalón negro, medias negras. Terceiro uniforme: Camiseta negra con franxa rosa no brazo, pantalón rosa e medias negras e rosas.
Estadio O Atlético Levante xoga na Cidade Deportiva de Buñol, inaugurada en 2003 e con capacidade para 3.000 espectadores.
Datos do club Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 9 Tempadas en 3ª: 16 Tempadas en categorías rexionais: 25
Palmarés Campión da Terceira División (1): 2017-18 Subcampión da Segunda División B (1): 2005-06 Subcampión da Terceira División (1): 2011-12
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Atlético Levante Atlético Levante Categoría:Levante UD