Celestino Poza Pastrana, nado en Pontevedra o 2 de setembro de 1903 e finado na mesma cidade o 25 de abril de 1971,La Voz de Galicia, 27-4-1971, p. 4. foi un médico e político galego.

Traxectoria Fillo de Celestino Poza Cobas. Rematou a carreira de Medicina na Universidade de Madrid interno na Residencia de Estudiantes. De regreso a Pontevedra sacou praza como médico no Hospital Provincial, e foi presidente do Partido Radical Socialista. Detido, estivo preso en San Simón e protagonizou un boicot ao negarse a confesarse cos curas da cadea. Foi destituído como médico. Volveu ser detido en 1947 acusado de pertencer á Unión de Intelectuais Libres. En 1951 foi reposto como cirurxián no Hospital Provincial e reemprendeu a súa carreira profesional con éxito. Logo dun accidente de tráfico ocorrido en Combarro (Poio) canda súa muller Isolina Méndez Rodríguez, faleceron as poucas horas.El Pueblo Gallego, 27-4-1971, p. 12.

Vida persoal

Casou con Aurelia Couto Mallén, finada en 1938. Casou en segundas nupcias con Isolina Méndez Rodríguez, irmá de Benito Méndez Rodríguez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Isolina Méndez Rodríguez Ligazóns externas Celestino Poza, el republicano que sostuvo el pulso al franquismo Homenaje a Celestino Poza

Categoría:Médicos de Pontevedra Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1971 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes