Os orectolobiformes (Orectolobiformes) son unha orde de condrictios elasmobranquios da superorde dos selaquimorfos que inclúe sete familias con 33 especies de tiburóns de augas cálidas.

Caracterízanse polo seu fociño curto coa boca pequena, a cal, na maioría das especies, está conectada coas narinas mediante sucos. Teñen aleta anal e dúas aletas dorsais sen espiñas. Posúen unhas barbelas características no bordo interno das narinas.

Taxonomía Os orectolobiformes comprenden sete familias:Froese, Rainer e Daniel Pauly, eds. (2010): Orectolobiformes. FishBase. Versión do 14 de xaneiro de 2010. Consultada o 13/11/2012. Orde Orectolobiformes Familia Parascyllidae Familia Brachaeluridae Familia Orectolobidae Familia Hemiscylliidae Familia Ginglymostomatidae Familia Stegostomatidae Familia Rhincodontidae

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Condrictios Tiburóns

Ligazóns externas Biology of Sharks and Rays. Orectolobiformes Consultada o 13/11/2012. Biology of Sharks and Rays. Checklist of Livin Sharks Consultada o 13/11/2012.