Joinville é a máis grande cidade do Estado brasileiro de Santa Catarina (mais non é a súa capital). Foi fundada en 1851 por 191 familias de inmigrantes, orixinarias de Alemaña, Suíza e Noruega.

As súas terras localízanse xunto ao río Cachoeira, non moi distante do litoral. A sede do municipio sitúase a uns 4,5 m sobre o nivel do mar. Hai algunhas montañas próximas cubertas por vexetación remanecente da Mata Atlántica.

miniatura|esquerda|A cidade de Joinville.

Historia Joinville ten ese nome pois foi fundada en terras de François Ferdinand Philippe, príncipe de Joinville e marido da irmá do emperador Pedro II do Brasil, Dona Francisca. As terras foron un regalo do casamento. O príncipe e Dona Francisca xamais visitaron as terras, mais unha casa foi construída para eles, que é hoxe o "Museu Nacional de Inmigración e Colonización Palacio dos Príncipes de Joinville". Non obstante, os primeiros habitantes da rexión foron os indios tupis e guaranís, feito comprobado por 40 sitios arqueolóxicos encontrados nas súas proximidades.

miniatura|esquerda|Hotel en Joinville con arquitectura en estilo alemán - chamada no Brasil de estilo enxaimel. Entre os anos 1950 e 1980 a cidade tornouse eminentemente industrial, e recibiu a denominación de Manchester catarinense.

Hoxe a súa produción industrial é escoada por estradas para outras rexións do Brasil (ten acceso fácil ao sur do Brasil e Mercosur, e tamén a Curitiba, e desta até Sao Paulo e Río de Xaneiro), e por ferrocarril até os portos de Itajaí e de São Francisco do Sul, situados uns 40 e uns 90 km da cidade, respectivamente. Tamén posúe unha Universidade privada - UNIVILLE - e algúns cursos da Universidade estatal - UDESC.

Categoría:Cidades de Santa Catarina