O Hockey Club Monza foi un equipo de hóckey a patíns da cidade de Monza, Lombardía (Italia).
Historia O Hockey Club Monza foi fundado por Ambrogio Mauri e Gianni Redaelli en 1933 baixo o nome de Skating Hockey Club Monza. Contra 1936 a pista de xogo era unha pista ao aire libre na via Boccaccio de Monza, o a via Ardigò de MOnza e o palazzetto de Biassono.
En 1997 o club cesou a súa actividade no hóckey a patíns para adicarse ao hóckey liña ata a tempada 2003-04, cando cesou definitivamente a súa actividade.
Xogadores Algúns dos xogadores máis destacados que vestiron a camisola branca e vermella foron: Kullmann, Massironi e os irmáns Castoldi, Gelmini, o portugués António Livramento (un dos mellores xogadores de tódolos tempos), o porteiro Citterio e, máis recentemente, Federico Paghi, Massimo e Enrico Mariotti e Pino Marzella.
Palmarés 7 Campionatos de Italia: 1951, 1953, 1956, 1961, 1965, 1966 e 1968 3 Copas italianas: 1984, 1984 e 1989 1 Copa CERS: 1989 1 Copa das Nacións: 1946
Véxase tamén
Outros artigos Hockey Monza e Brianza Roller Monza
Monza, Hockey Club Monza, Hockey Club