Tomás Pérez Lorente, nado en Vigo o 4 de xaneiro de 1901 e finado na mesma cidade o 1 de setembro de 1962, foi un enxeñeiro e político galego.

Traxectoria Enxeñeiro militar. Foi presidente da Cámara de Comercio (1947-1959) e alcalde de Vigo dende o 6 de febreiro de 1949 ao 18 de agosto de 1960. Durante o seu mandato inaugurouse o aeroporto de Peinador (1954), creouse a Zona Franca de Vigo e abriuse o encoro de Zamáns, ao que en 1960 se lle deu o seu nome. Foi procurador en Cortes como representante de Municipios provinciais (1949-1961). Finou en Vigo o 1 de setembro de 1962.

Vida persoal

Casou en 1925 con Marina Quirós Mateo. Na actualidade ten descendencia na cidade olívica como é Guillermina Pérez Lorente, membro da Falanxe. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Xenealoxía Pérez Lorente Tomás

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1901 Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Militares de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 1962