miniatura|250px|dereita|Sinal de entrada do territorio. miniatura|dereita|200px|Centro de Artes e Oficios en Qualla Center, en Cherokee, Carolina do Norte. O Qualla Boundary (ou The Qualla) é o territorio federalmente recoñecido onde reside a banda oriental de indios cherokee, que se atopa no oeste de Carolina do Norte. A área forma parte do territorio histórico dos cherokee. O territorio non é tecnicamente unha reserva india, xa que a terra non foi "reservada" polo goberno federal senón que foi mercada pola tribo na década de 1870 e posteriormente estivo baixo protección federal.Qualla Boundary, NCPedia.org (consultado o 15 de abril de 2015) Os individuos poden mercar, posuír e vender a terra sempre que sexan membros da tribo da banda oriental cherokee.

Localización miniatura|dereita|Mapa de Qualla Boundary (circa 1890). A parte principal de Qualla Boundary encóntrase nos condados de Swain e o norte de Jackson (xusto ó sur do Parque Nacional das Grandes Montañas Fumegantes). Hai moitas pequenas seccións non contiguas no sueste nas zonas de Marble, Hiawassee e Hanging Dog do Condado de Cherokee e a comunidade Snowbird de Graham County, Carolina do Norte. A superficie total é de 213.934 km², cunha poboación residente de 8 092 persoas, segundo un censo do ano 2000.

Historia O Qualla Boundary foi explorado por primeira vez en 1876 por M.S. Temple baixo a dirección da Oficina de terras dos Estados Unidos. Estas terras foron plasmadas nun mapa publicado como o "Mapa da Reserva India de Qualla".

O Qualla Boundary non é unha reserva indíxena, senón unha "cesión de terras" supervisada polo Bureau of Indian Affairs dos Estados Unidos. A terra é un fragmento da terra tradicional do pobo cherokee. Foi considerado parte da Nación Cherokee durante o século XIX antes dos tratados e a deportación masiva dos indíxenas de 1830. William Thomas, adoptado como un fillo polo xefe Yonaguska, comprou gran parte das terras para uso dos cherokee que permaneceron en Carolina do Norte tras a deportación. Aínda que fora asimilado como un cherokee, era branco e quen de mercar terra, cousa que os cherokee non podía. Os cherokee organizáronse e formaron unha corporación en 1870 para poder mercar e posuír terras adicionais.

Un sinal do Departamento do Interior dos Estados Unidos de América titulado "Qualla Indian Reservation" di o seguinte:

Representación nos medios de comunicación A mediados dos anos 1950, Disney fixo unha serie de televisión dividida en cinco partes, Davy Crockett (protagonizada por Fess Parker) que foi rodada alí.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Eastern Cherokee Reservation, North Carolina United States Census Bureau Indians, Eastern Band of Cherokees of North Carolina, by Thomas Donaldson, 1892, 11th Census of the United States, Robert P. Porter, Superintendent, US Printing Office, Washington, D.C. Published online at Eastern Band of Cherokees of North Carolina. Consultado o 8 de xaneiro de 2019.

Ligazóns externas Visit Cherokee, NC Eastern Band of Cherokee

Categoría:Pobo cherokee Categoría:Cultura dos Estados Unidos de América