A dos miliobatiformes (Myliobatiformes) é unha das catro ordes da superorde dos batoideos, peixes cartilaxinosos elasmobranquios relacionados cos tiburóns (superorde selaquimorfos).
Moi semellantes ás raias (denomínanse ás veces raias látego ou raias de aguillón) estes peixes estaban anteriormente incluídos na orde Rajiformes, pero estudos filoxenéticos recentes demostraron que os miliobatiformes constitúen un grupo monofilético.Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7, pp. 69–82.
Clasificación Nelson, en 2006, na súa obra Fishes of the World clasifica os miliobatiformes da seguinte maneira:Nelson, (2006), Op. cit.
Orde Myliobatiformes Suborde Platyrhinoidei Familia Platyrhinidae D. S. Jordan, 1923 Suborde Zanobatoidei Familia Zanobatidae Fowler, 1928 Suborde Myliobatoidei Superfamilia Hexatrygonoidea Familia Hexatrygonidae Heemstra & Smith, 1980 Superfamilia Urolophoidea Familia Plesiobatidae Nishida, 1990 Familia Urolophidae Müller e Henle, 1841 Superfamilia Urotrygonoidea Familia Urotrygonidae McEachran, Dunn & Miyake, 1996 Superfamilia Dasyatoidea Familia Dasyatidae Jordan, 1888 Familia Potamotrygonidae Garman, 1877 Familia Gymnuridae Fowler, 1934 Familia Myliobatidae Bonaparte, 1838
Controversia A orde foi proposta por Leonard Compagno en 1973. De acordo coa súa revisión de 1999Compagno, Leonard J. V. & Hamlett, William C., ed. (1999): Checklist of Living Elasmobranchs. Sharks, Skates, and Rays: The Biology of Elasmobranch Fishes. Baltimore: Johns Hopkins University Press, pp. 471-498. esta orde comprendía as seguintes familias: Dasyatidae Gymnuridae Hexatrygonidae Mobulidae Myliobatidae Plesiobatidae Potamotrygonidae Rhinopteridae Jordan & Evermann, 1896 Urolophidae
Porén, a orde no é recoñecida por FishBase, que sitúa as seis familias que considera na orde dos raiformes.FishBase Rajiformes Consultada o 15/11/2012.
Pola súa parte, o Integrated Taxonomic Information System (ITIS) considera estas familias:ITIS. Myliobatiformes Consultada o 15/11/2012. Dasyatidae Gymnuridae Hexatrygonidae Mobulidae Gill, 1893 (non recoñecida por FishBase, que clasifica todas as súas especies na familia dos Myliobatidae) Myliobatidae Plesiobatidae Potamotrygonidae Rhinopteridae Urolophidae
(Para outra clasificación, véxase a ligazón externa ao NCBI).
En Galicia En augas próximas ás costas galegas están citadas as especies seguintes:Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
Familia Dasyatidae Dasyatis pastinaca (Linnaeus, 1758) (a ouxa) Familia Mobulidae Mobula mobular (Bonnaterre, 1788) (a manta) Familia Myliobatidae Myliobatis aquila (Linnaeus, 1758) (o chucho)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Compagno, Leonard J. V. e Hamlett, William C., eds. (1999): Checklist of Living Elasmobranchs. Sharks, Skates, and Rays: The Biology of Elasmobranch Fishes. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6048-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Condrictios Batoideos
Ligazóns externas NCBI ''Myliobatiformes Consultada o 15/11/2012.