"Gangnam Style" (en coreano: 강남스타일) é unha canción do cantante surcoreano de pop PSY, cuxo son combina música dance/electrónica e rap. A canción foi lanzada o 15 de xullo de 2012 e debutou no posto número un en Gaon Chart, a lista musical nacional de Corea do Sur.

O seu vídeo musical recibiu máis de 743 millóns de visitas en YouTube sen tomar en conta as visitas do sinxelo subido a canles non oficiais e a versión estendida non oficial, as cales representan máis de 150 millóns de reproducións, sendo isto un 25 por cento do total aproximadamente. Ademais, desde o 1 de novembro de 2012 converteuse no segundo vídeo máis visto, só superado por Justin Bieber con "Baby". Foi o primeiro vídeo de YouTube en superar os 1.000 millóns de reproducións, o 21 de decembro de 2012 e xa días antes superara a "Baby" como o vídeo máis visto.Billboard.biz

miniatura|Grupo bailando a coreografía do "Gangnam Style".

Premios e candidaturas MTV Europe Music Awards Ano Traballo Categoría Resultado 2012 "Gangnam Style" Mellor vídeo Gañador

Notas

Véxase tamén Outros artigos PSY

Ligazóns externas Vídeo musical da canción "GANGNAM STYLE (강남스타일)" no YouTube.

Categoría:Cancións