Acontecementos África Álvaro Caminha inicia, so concesión da coroa portuguesa, a colonización da illa de San Tomé, no golfo de Guinea, con xudeus sefardís, expulsados dos reinos españois.
América 4 de xaneiro, Cristovo Colón abandona América, deixando na illa da Española, unha gornición no forte Navidad, a mando de Diego de Arana. 19 de novembro - Xa na segunda viaxe a América, Colón descobre a illa de Porto Rico, que el denominará illa de San Xoán Bautista. No Imperio Inca sobe ao trono Huaina Capac (até 1527), sucedendo a Tupac Yupanqi.
Europa 1 de marzo - Martín Alonso Pinzón, a bordo da Pinta, arriba a Baiona, en Galiza, trala primeira viaxe a América. 4 de marzo - Cristovo Colón arriba en Lisboa, de regreso da súa primeira viaxe a América, e informa o monarca portugués, Xoán II de Portugal, de que chegara ás illas de Cipango e de Antilla. 15 de marzo - Colón arriba ao porto de Palos de la Frontera, de onde saíra cara a América. Na tarde dese mesmo día chega Pinzón e a Niña ao porto de Palos. 3 de abril - Colón rende informe da súa viaxe, en Barcelona, aos Reis Católicos. 25 de setembro - Colón parte de Cádiz, na súa segunda viaxe a América. A expedición consta de 17 embarcacións e uns 1.500 homes. Carlos VIII de Francia recoñece ó Franco Condado e ó Artois. Comeza a loita secular entre Francia e os Habsburgo motivado pola herdanza dos duques de Borgoña. Tratado de Barcelona: Fernando II de Aragón adquire os condados de Rosellón e de Sardeña. Os xudeus son expulsados de Sicilia.
Ciencia e tecnoloxía Colón introduce a cana de azucre na illa da Española.
Nacementos Paracelso, médico e astrologo suízo (m. 1541). Baccio Bandinelli, escultor florentino (m. 1560). Bernardo Tasso, poeta italiano (m. 1569).
Mortes Pietro Antonio Solari, escultor e arquitecto italiano. 31 de marzo - Martín Alonso Pinzón, navegante e explorador español, codescubridor de América. Tupac Yupanqi, emperador dos incas. Frederico III de Habsburgo, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1493