thumb|Vista aérea O Circuíto das Américas (Circuit of The Americas (COTA)) é un circuíto de 5´513 km. de preto de Austin. Nel celebrouse o Gran Premio dos Estados Unidos de F1 o 18 de novembro de 2012, a penúltima proba da tempada de .

O circuíto tamén será a sede do Gran Premio de Texas de Motociclismo, unha carreira do Campionato do Mundo de Motociclismo, comunmente coñecida como MotoGP, ademais das series australianas de V8 Supercars, o FIA World Endurance Championship, as American Le Mans Series, e as Rolex Sports Car Series, todas farán o seu debut no circuíto en 2013.

O circuíto foi o primeiro nos Estados Unidos en ser construído especificamente para a Fórmula Un. O deseño foi concibido polo promotor Tavo Hellmund e o Campión do Mundo de Motociclismo de 1993 Kevin Schwantz, coa axuda do arquitecto e deseñador de circuítos o alemán Hermann Tilke, que tamén deseñou os circuítos de Sepang, Xangai, Yas Marina, Istambul, Bahrain, Yeongam, e Buddh, así como o redeseño de Hockenheimring e Fuji Speedway. A estrutura da observación, anfiteatro, gran praza, e as tribunas principais foron deseñados pola firma de arquitectura Arquitectos Miró Rivera.

Circuíto Nun episodio de Wind Tunnel programa emitido por Speed TV o 22 de agosto de 2010, Tavo Hellmund revelou que o circuíto de 5´5 km. de longo componse de vinte curvas cun cambio de elevación de 41 m. O circuíto, mostra un deseño inspirado na tradición europea. O deseño baséase en varios circuítos de Fórmula 1 Europeos, incluíndo unha recreación da secuencia Maggotts-Becketts-Chapel de Silverstone, as curvas de area de Hockenheim, e unha réplica da curva oito de Istambul Outras curvas foron inspiradas libremente nas 'S' de Senna de Interlagos e a Sebring-Auspuffkurve de Österreichring. O aforamento do circuíto estímase en cen mil persoas co uso das instalacións de asentos permanentes e temporais. Unha das características do circuíto é unha ampliación deliberada das curvas do circuíto, para animar aos pilotos a seguir distintos trazados. Unha función similar utilizouse no Circuíto Internacional de Buddh da India, onde se ensancha o circuíto na aproximación a certas curvas. miniatura|225px|Pit Lane.

O circuíto será un dos poucos no calendario 2012 que se corre en sentido contrario, sendo os outros Marina Bay, o Circuíto Internacional de Corea, Yas Marina e Interlagos. Debido a isto, o circuíto contén máis curvas á esquerda que á dereita, e polas máis esixencias físicas aos pilotos, especialmente no pescozo.

Desde a liña de saída, os coches soben á primeira curva, o punto máis alto do circuíto, co vértice da curva situada na cima do outeiro. Descenden outeiro abaixo para trazar unha serie de curvas rápidas inspiradas nas curvas Maggotts-Becketts-Chapel de Silverstone e nunha curva cega na curva 10, levándoos ao extremo máis afastado do circuíto e a unha pinza na curva 11. Os coches logo toman unha recta de 1 km. cara á zona dos talleres e do paddock antes de entrar no sector final da volta e entrelazando unha serie de curvas inspiradas na sección do estadio de Hockenheim. Seguido por unha costa abaixo, unha curva con vértice múltiple antes das dúas últimas curvas do circuíto, un par de curvas a man esquerda que devolven os coches á recta principal.

Principais características do lugar

right|miniatura|Torre do CoTA right|miniatura|Collective Soul actuando no anfiteatro da torre right|miniatura|O anfiteatro Austin360 visto desde o alto da torre Gran Praza Bordeado pola pista en tres lados, a Gran Praza (0´081 km²) é un espazo deseñado por Miró Rivera Architects de Austin, Texas, que inclúe unha gran espello de auga, céspede e zonas de paisaxe variadas. Un paseo ao longo ao lado norte da Gran Praza alberga concesións, venda polo miúdo, baños e as entradas aos asentos dos espectadores. Desde o extremo sueste da Grand Praza, dúas pontes peonís cruzan as curvas 16 e 3 para proporcionar acceso aos visitantes a outras áreas do complexo do circuíto.

Torre de observación Circuíto das Américas conta cunha torre de observación deseñada por Miró Rivera Architects e construída por Patriot Erectors como punto de referencia para o lugar. A estrutura da torre componse dun ascensor rodeado unha escaleira de dobre hélice de 419 chanzos, que conducen a unha plataforma de observación por encima do nivel do chan. A plataforma ofrece un panorama de 360 graos do circuíto, así como vistas ao centro de Austin, Texas. A plataforma de observación, que é accesible ao público por unha cota de admisión, pode acomodar a ata 70 visitantes e ten reixas de cristal e un piso parcial de cristal. Ademais un "veo" composto de 18 tubos de aceiro vermello brillante cobre case a altura completa da torre, actuando como un dosel para a plataforma de observación e o escenario de abaixo. O deseño da torre de observación inspirouse nas imaxes visuais dos coches deportivos e o movemento, e a cor vermella seleccionouse para imitar as raias de luces que se deixan os coches de carreiras na noite.

Anfiteatro Austin360

O 23 de xullo de 2012, o COTA anunciou un acordo de reserva con Live Nation para reservar grandes concertos nun anfiteatro ao aire libre que se construirá na base da torre de observación. Deseñado por Miró Rivera Architects, o lugar abriu as súas portas en abril de 2013 cun concerto de Kenny Chesney.

O anfiteatro ten capacidade para 14.000 persoas con 5.240 asentos reservados permanentes. Outros 1.700 asentos poden instalarse diante do escenario ou deixar unha sala para 2.300 persoas de pé. O resto dos lugares de admisión xeral atópanse nunha zona de herba inclinada detrás dos asentos reservados. O lugar orixinalmente ía ser chamado Tower Amphitheater, pero en marzo de 2013, foi renomeado como Austin360 Amphitheatre.

Tribuna principal O asento permanente primario no Circuíto das Américas atópase dentro da Tribuna Principal, deseñada por Miró Rivera Arquitectos. A construción sobre o chan na tribuna iniciouse en marzo de 2012, e o "topping out" ocorreu en xuño de 2012 coa finalización a tempo para o Gran Premio inaugural dos Estados Unidos.

A tribuna principal ten unha altura total de 65 m. e unha capacidade aproximada de 9.000 espectadores. A bancada divídese en tres niveis: nivel inferior (capacidade 5400, incluíndo os boxes), nivel club (capacidade 2900), e nivel suite (capacidade 750). A maioría dos asentos están cubertos por un toldo extensible de tea. A estrutura principal ten 150 m. de longo, mentres que as bandas inferiores esténdense uns 152 m. adicionais. A tribuna tamén contén concesións, baños, oficinas e dous espazos de salón situados no segundo e terceiro nivel. O Velocity Lounge no segundo nivel é aproximadamente 660 m², e contén unha parede de vídeo de 36 pantallas e a pintura acrílica "Velocity" do artista de Dallas Christopher Martin medindo 37 m.

Tanto a Tribuna Principal como os edificios dos concesionarios da Gran Praza concibironse como un sistema modular composto por varios compoñentes que poden ser dispostos segundo as necesidades. As concesións, con pancartas e toldos profundos, pódense ampliar con baños, asentos permanentes ou suites. Inherente a este sistema de construción "kit-of-parts" é a flexibilidade que permite que o sitio creza e cambie

Características

Capacidade espectadores: 120.000 Lonxitude do circuíto: 5´516 quilómetros. Distancia da carreira de Fórmula 1: 56 voltas = 308´896 quilómetros. 20 curvas en total. Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 315 km/h con DRS, 305 km/h sen DRS Aceleración a fondo: 58% do tempo de volta. Tempo de freado: % do tempo da volta. Total de combustible necesario para a distancia de carreira: Consumo de combustible: kg por volta. Cambio de marchas por volta: Número de zonas de freado: Desgaste dos freos: medio/alto Desgaste dos pneumáticos: Distancia dos Boxes: Perda de tempo nunha parada en boxes: Tempo total necesario para a parada en boxes: 22 segundos (media) Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´38 segundos. Marca volta: Sebastian Vettel (Red Bull) - 1.39.347 en

Palmarés Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto das Américas Nº Ano Piloto Construtor Motor Pneu. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de 1 Lewis Hamilton McLaren Mercedes 1:35:55,269 h 5,513 km 56 193,219 km/h 18. novembro Estados Unidos 2 Sebastian Vettel Red Bull Renault 1:39:17,148 h 5,513 km 56 186,374 km/h 17. novembro 3 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:40:04,785 h 5,513 km 56 185,190 km/h 2. novembro 4 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:50:52,703 h 5,513 km 56 166,888 km/h 25. outubro 5 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:38:12,618 h 5,513 km 56 188,415 km/h 23. outubro 6 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:33:50,993 h 5,513 km 56 197,169 km/h 22. outubro 7 Kimi Räikkönen Ferrari Ferrari 1:34:18,643 h 5,513 km 56 196,206 km/h 21. outubro 8 Valtteri Bottas Mercedes Mercedes 1:33:55,653 h 5,513 km 56 197,006 km/h 3. novembro - cancelada debido á pandemia de COVID-19 9 Max Verstappen Red Bull Honda 1:34:36.552 h 5,513 km 56 195´587 km/h 24. outubro 10 Max Verstappen Red Bull RBPT 1:42:11.687 h 5,513 km 56 181,069 km/h 23. outubro 11 Max Verstappen Red Bull RBPT 1:35:21,362 h 5,513 km 56 194,258 km/h 22. outubro 12 Charles Leclerc Ferrari Ferrari 1:35:09.639 h 5,513 km 56 194,657 km/h 20. outubro 13 Max Verstappen Red Bull RBPT 1:34:00,161 h 5,513 km 56 186,498 km/h 19. outubro RécordsPiloto: Lewis Hamilton (5) • País: Reino Unido (5) • Construtor: Mercedes (5) • Motor: Mercedes (6) • Pneus.: Pirelli (8)

Motos + Todos os gañadores das carreiras de MotoGP en Austin Nº Ano Piloto Moto Pneu. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade-Ø Data GP de 1 2013 Marc Márquez Honda 43:42,123 min 5,513 km 21 158,949 km/h 21. Abril 2 2014 Marc Márquez Honda 43:33,430 min 5,513 km 21 159,477 km/h 13. Abril 3 2015 Marc Márquez Honda 43:47,150 min 5,513 km 21 158,644 km/h 12. Abril 4 2016 Marc Márquez Honda 43:57,945 min 5,513 km 21 157,995 km/h 10. Abril 5 2017 Marc Márquez Honda 43:58,770 min 5,513 km 21 157,946 km/h 23. Abril 6 2018 Marc Márquez Honda 41:52,002 min 5,513 km 20 158,016 km/h 22. Abril 7 2019 Álex Rins Suzuki 41:45,499 min 5,513 km 20 158,426 km/h 22. Abril – 2020Cancelado pola Pandemia de COVID-19 8 2021 Marc Márquez Honda 41:41,435 min 5,513 km 20 159,713 km/h 3. outubro 9 2022 Enea Bastianini Ducati 41:23,111 min 5,513 km 20 159,854 km/h 10. Abril 10 2023 Álex Rins Honda 41:14,649 min 5,513 km 20 160,782 km/h 16. Abril Récords Piloto: Marc Márquez (7) • Nacionalidade: España (9) • Construtor: Honda (8) • Pneus.: Michelin (7)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Austin, Texas Fórmula 1 Motociclismo

Ligazóns externas Circuíto das Américas - Páxina Oficial United States Grand Prix at Austin - Páxina Oficial Conceptual Master Plan Arquitectos Miró Rivera.

Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Circuítos de carreiras dos Estados Unidos de América