Manuel Bárcena Andrés-García, II Conde de Torrecedeira, nado en Vigo en 1877 e finado en Cedeira o 9 de abril de 1927, foi un diplomático e empresario galego.

Traxectoria Primoxénito do matrimonio entre Manuel Bárcena Franco, I Conde de Torrecedeira, e Dolores de Andrés-García López. Estudou en Londres. Foi consignatario de buques, cónsul de Inglaterra en Vigo e primeiro presidente do Celta de Vigo. Herdou o título nobiliario en 1908."De sociedad" ABC, 24/5/1908, p. 9 . Foi promotor do parque las Cabañas.

Casou o 31 de agosto de 1904 en Santo André de Cedeira con Obdulia Castro Montenegro, filla de Felipe Castro e Amparo Montenegro Sierra. Deste matrimonio naceron doce fillos, catro mulleres e oito homes, entre os cales estaban Manuel Bárcena Castro III Conde de Torrecedeira e Felipe Bárcena Castro IV Conde de Torrecedeira.

Finou en Cedeira o 9 de abril de 1927 aos 49 anos.Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 10-4-1927, p. 5.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas "Nuevos tiempos para la nobleza" Faro de Vigo, 22/4/2007 .

Categoría:Presidentes do Celta de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1927 Categoría:Condes de Galicia