thumb|250px|Gastrulación dun diploblástico: formación das capas xerminativas desde unha blástula (1) até unha gástrula (2).
En embrioloxia animal, o blastóporo é unha abertura que serve de comunicación na fase embrionaria, poñendo en contacto o arquéntero (cavidade dixestiva) co medio externo.
Xorde na fase embrionaria de gástrula, cando comeza a diferenciación celular. Outra abertura xorde posteriormente (aínda durante o desenvolvemento embrionario).
Na maioría dos animais o blastóporo dá orixe á boca (protóstomos).
Nos equinodermos e nos cordados o blastóporo dá orixe ao ano (deuteróstomos).
Ligazóns externas Academic. Blastoporo Academic. Gastrulación
Categoría:Embrioloxía Categoría:Termos zoolóxicos