O ácido miristoleico ChemSpider Myristoleic acid ou ácido 9-tetradecenoico é un ácido graxo monoinsaturado omega-5 coa fórmula CH3(CH2)3CH=CH(CH2)7COOH. Ten 14 carbonos e un dobre enlace de tipo cis no 9º carbono (ou no 5º empezando polo final da cadea), polo que o seu número lipídico é C14:19 (ou C14:1n-5). Biosintetízase a partir do ácido mirístico por acción do encima delta-9 desaturase, pero é pouco común na natureza.Myristoleic acid at Lipomics.com Unha das maiores fontes deste ácido graxo é o aceite das sementes das plantas da familia Myristicaceae, xa que este ácido supón ata o 30% do aceite dalgunhas das especies.Claude Leray. Introduction to Lipidomics: From Bacteria to Man. Google books.Monoenoic acids in foods at CyberLipid.org Tamén se encontra en graxas animais.

Os extractos da planta Serenoa repens (da familia das palmas, Arecaceae) mostran propiedades apoptóticas e necróticas contra o cancro de próstata, e un dos principais compoñentes que exhiben este efecto citotóxico identificados no extracto é o ácido miristoleico.Iguchi K, Okumura N, Usui S, Sajiki H, Hirota K, Hirano K. Myristoleic acid, a cytotoxic component in the extract from Serenoa repens, induces apoptosis and necrosis in human prostatic LNCaP cells. Prostate. 2001 Apr;47(1):59-65. PMID 11304730CHEBI Myristoleic acid

Os seus sales e ésteres denomínanse miristoleatos. Suxeriuse que o cetil éster do ácido miristoleico (cetil miristoleato) ten propiedades biolóxicas como antiinflamatorio, alivia a dor, e é un modulador do sistema inmunitario Hunter KW Jr, Gault RA, Stehouwer JS, Tam-Chang SW. Synthesis of cetyl myristoleate and evaluation of its therapeutic efficacy in a murine model of collagen-induced arthritis. Pharmacol Res. 2003 Jan;47(1):43-7. PMID 12526860.miniatura|Ácido miristoleico.Nome IUPAC: ácido (Z)-tetradec-9-enoico.Outros nomes: ácido 9-tetradecenoico; ácido 9-cis-tetradecenoico; ácido cis-Δ9-tetradecenoico; ácido miristolénico; ácido oleomirístico PuBChem compound Myristoleic acid .Número CAS: 544-64-9.|centro Notas

Categoría:Ácidos graxos Categoría:Ácidos carboxílicos