Unha soprano coloratura (en italiano soprano d'agilitá e en alemán Koloratursopran) é un tipo de voz de soprano especializada en música con pasaxes rápidos e saltos áxiles, nun estilo ornamentado ou con embelecementos elaborados, incluídas as pasaxes rápidas de escalas e os trilos, sexan escritas ou improvisadas.«Las sopranos de coloratura» en Clasica2.com (consultado o 19-11-2012). O termo coloratura refírese ás elaboradas ornamentacións dunha melodía, que é un compoñente típico da música escrita para esta voz. Dentro da categoría coloratura, existen roles escritos especificamente para voces lixeiras coñecidas como soprano lírica de coloratura e outros para voces grandes coñecidas como soprano dramática de coloratura, así como outros roles que poden ser cantados por calquera das dúas.
Descrición A soprano coloratura é unha voz de moita axilidade, que adoita ter unha tesitura bastante exposta e xeralmente con capacidade para manexar o rexistro de asubío. No sentido estrito, o termo coloratura non se restrinxe a describir ningunha gama da voz. Dependendo da tesitura e cor da voz da soprano, as cantantes e os roles de coloratura pódense dividir en dous grupos. Polo que dentro da clasificación de matices vocais, a soprano de coloratura pode ser unha soprano lixeira, lírica, lírica lixeira ou dramática de coloratura.
Soprano lírica de coloratura Unha voz moi lixeira e áxil cun rexistro agudo moi amplo (aproximadamente dun Do4 a un Fa6 segundo o índice acústico científico) e con capacidade para unha rápida coloratura vocal. Este tipo de cantantes ás veces son denominadas soprano leggero se o seu timbre vocal ten un matiz máis cálido. A soprano leggero é tamén moi típica, mais non chega tan agudo como as outras coloraturas, chegando ata un Mi6.Dolmetsch Online - Music Dictionary Vm - Vz Os papeis de bel canto eran escritos xeralmente para esta voz, e unha gran variedade de compositores escribiron tamén partes para coloratura. Na música barroca, música antiga e ópera barroca hai moitos papeis para esta voz.Boldrey (1994),Guide to Operatic Roles and Arias
Sopranos líricas de coloratura
Arleen Auger Kathleen Battle (soprano leggero) Erna Berger (soprano leggero) Harolyn Blackwell Patrizia Ciofi Laura Claycomb Mary Costa Emma Shapplin Violetta Villas Toti Dal Monte (soprano leggero) Natalie Dessay Amelita Galli-Curci Rosario García Orellana Rachele Gilmore Kathryn Grayson Ingeborg Hallstein Sumi Jo Nellie Melba Mady Mesplé Anna Moffo Antonina Nezhdanova Lina Pagliughi Adelina Patti Roberta Peters Lily Pons Lucia Popp Dilber Mado Robin Erna Sack Renata Scotto (soprano leggero) Luciana Serra Shin Youngok Beverly Sills Erna Spoorenberg (soprano leggero) Rita Streich Ruth Ann Swenson Luisa Tetrazzini Ruth Welting Siobhan Stagg
Papeis para soprano lírica de coloratura Adele, Die Fledermaus (Johann Strauss) Adina, L'elisir d'amore (Donizetti) Agrippina, Agrippina (Händel) Alcina, Alcina (Händel) Almirena, Rinaldo (Händel) Alzira, Alzira (Händel) Amenaide, Tancredi (Rossini) Amina, La sonnambula (Bellini) Angelica, Orlando (Händel) Aspasia, Mitridate, rè di Ponto (Mozart) Blonde, The Abduction from the Seraglio (Mozart) Carolina, Il Matrimonio Segreto (Cimarosa) Celia, Lucio Silla (Mozart) Cleopatra, Giulio Cesare (Händel) Cunegonde, Candide (Bernstein) Dalinda, Ariodante (Händel) Dorinda, Orlando (Händel) Elisa, Il rè pastore (Mozart) Elizabeth Doe, The Ballad of Baby Doe (Douglas Moore) Elvira, I puritani (Bellini) Elvira, L'Italiana in Algeri (Rossini) Gilda, Rigoletto (Verdi) Giulietta, I Capuleti e i Montecchi (Bellini) Ilia, Idomeneo (Mozart) Ismene, Mitridate, rè di Ponto (Mozart Juliet, Roméo et Juliette (Gounod) Lakmé, Lakmé (Delibes) Léïla, Les pêcheurs de perles (Bizet) Linda di Chamounix, Linda di Chamounix (Donizetti) Lisa, La Sonnambula (Bellini) Lucy, The Telephone (Menotti) Madame Herz, Der Schauspieldirektor (Mozart) Marguerite, Faust (Gounod) Marie, La fille du régiment (Donizetti) Morgana, Alcina (Händel) The Nightingale, The Nightingale (Stravinskii) Norina, Don Pasquale (Donizetti) Olympia, The Tales of Hoffmann (Offenbach) Ophélie, Hamlet (Ambroise Thomas) Oscar, Un ballo in maschera (Verdi) -- trouser role Philine, Mignon (Ambroise Thomas) The Queen of Chemakha, Le Coq d'Or (Nicolai Rimsky-Korsakov) Rosina, (in the Soprano key) The Barber of Seville (Rossini) Sylvia, Ascanio in Alba (Mozart) Tamyris, Il re pastore (Mozart) Tytania, A Midsummer Night's Dream (Britten) Venus, Ascanio in Alba (Mozart) Zemire, "Zemire et Azor" (Gretry) Zerbinetta, Ariadne auf Naxos (Richard Strauss)
Soprano dramática de coloratura Unha soprano coloratura con gran flexibilidade nas pasaxes de velocidade no rexistro agudo, mais cun gran poder sustentador comparable ao dunha soprano spinto completa ou dramática. As dramáticas de coloratura teñen un rango aproximado de entre un Si3 e un Fa6. Varios papeis de soprano dramática de coloratura teñen diferentes esixencias vocais para as cantantes - por exemplo, a voz capaz de cantar o papel de Abigail en Nabucco (Verdi) é pouco probable que poida cantar o papel de Lucia en Lucia di Lammermoor (Donizetti), mais un factor en común é que a voz debe ser capaz de transmitir a intensidade dramática, así como a flexibilidade. Os papeis escritos especificamente para este tipo de voz inclúen os papeis femininos máis dramáticos de Mozart, o bel canto e os nas primeiras óperas de Verdi.Coffin (1960) Este rexistro vocal non é moi común, no que se precisan dunhas grosas cordas vocais para producir as notas longas e dramáticas, o que xeralmente diminúe a flexibilidade e as capacidades acrobáticas da voz. O exemplo máis significativo e destacado de soprano dramática de coloratura é Maria Callas, que foi quen de revivir moitos dos papeis esquecidos do repertorio de belcanto cun préstamo da técnica dos castrati (onde a liña vocal mantense cunha intensidade case luminosa) xunto co inmenso poder (ela comezou interpretando papeis do repertorio wagneriano) e as habilidades interpretativas que nunca chegaron a ser igualadas. Callas foi e segue a ser unha das máis significativas e expresivas artistas dramáticas musicais do século XX.
Sopranos dramáticas de coloratura
Maria Callas Louise Fribo Cristina Deutekom Rebeka Bobanj Violetta Villas Mariella Devia Edita Gruberova Lilli Lehmann Caterina Mancini Nelly Miricioiu Edda Moser Lillian Nordica Rosa Ponselle Rita Shane Joan Sutherland Josepha Weber Virginia Zeani
Papeis para soprano dramática de coloratura Abigaille, Nabucco (Giuseppe Verdi) Amalia, I masnadieri (Giuseppe Verdi) Anne, The Rake's Progress (Igor Stravinskii) Armida, Rinaldo (George Frideric Handel) Armida, Armida (Gioachino Rossini) Ascanio, Ascanio in Alba (Wolfgang Amadeus Mozart) -- trouser role Chief of the Secret Police Gepopo, Le Grand Macabre (György Ligeti) Cleopatra, Giulio Cesare (George Frideric Handel) Electra, Idomeneo (Wolfgang Amadeus Mozart) Elisabetta, Maria Stuarda (Gaetano Donizetti) Elvira, Ernani (Giuseppe Verdi) Esclarmonde, Esclarmonde (Jules Massenet) Fiordiligi, Così fan tutte (Wolfgang Amadeus Mozart) Giovanna, Giovanna d'Arco (Giuseppe Verdi) Giulietta, I Capuleti e i Montecchi (Vincenzo Bellini) Giulietta di Kelbar, Un Giorno di Regno (Giuseppe Verdi) Hélène, Jérusalem (Giuseppe Verdi) Junia, Lucio Silla (Wolfgang Amadeus Mozart) Konstanze, Die Entführung aus dem Serail (Wolfgang Amadeus Mozart) Lady Macbeth, Macbeth (Giuseppe Verdi) Leonora, Il trovatore (Giuseppe Verdi) Lida, La battaglia di Legnano (Giuseppe Verdi) Lina, Stiffelio (Giuseppe Verdi) Lucia, Lucia di Lammermoor (Gaetano Donizetti) Luisa Miller, Luisa Miller (Giuseppe Verdi) Maria Stuarda, Maria Stuarda (Gaetano Donizetti) Mathilde, Guillaume Tell (Gioachino Rossini) Medora, Il Corsaro (Giuseppe Verdi) Norma, Norma (Vincenzo Bellini) Odabella, Attila (Giuseppe Verdi) The Queen of the Night, The Magic Flute (Wolfgang Amadeus Mozart) Semiramide, Semiramide (Gioachino Rossini) Thaïs, Thaïs (Jules Massenet) Violetta, La traviata (Giuseppe Verdi) Vitellia, La Clemenza di Tito (Wolfgang Amadeus Mozart)
Soprano sfogato
Algunhas sopranos de coloratura rara vez son capaces de cantar con gran facilidade por riba do Fa6. Tales coloraturas ás veces son denominadas sopranos sfogato.Apel, 1969. Tanto as coloraturas líricas como as dramáticas poden ser sopranos sfogato. Non obstante, unha das características definitorias do son sfogato é unha extensión superior lixera e doada por riba do Fa6; polo que é máis infrecuente que unha cantante cun timbre máis escuro ou máis groso sexa considerada unha soprano sfogato.«Sf - Si: Sfogato» en Diccionario de Música en liña Dolmetsch (consultado o 19-11-2012).
Entre os exemplos clásicos de soprano sfogato inclúense Mado Robin, Lily Pons, Toti Dal Monte e Amelita Galli-Curci. Algúns estudosos chegaron a especular que María Callas pertencía a este tipo de sopranos. Porén, esta opinión non é ámplamente sostida, xa que Callas posuía unha calidade vocal máis escura do que normalmente se considera típico nunha soprano sfogato.«Voice Categories» en VoxMentor (consultado el 19-11-2012).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Exemplo de soprano lírica de coloratura, Laura Claycomb no papel de Olympia en Les contes d'Hoffmann.
Categoría:Voces segundo rexistro