A dos camaleónidos (Chamaeleonidae) é unha familia de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e infraorde dos iguanios, coñecidos vulgarmente como camaleóns.camaleón, 1ª acep., no Dicionario da RAG. Trátase dun clado moi distintivo e altamente especializado dos lagartos do Vello Mundo con 202 especies descritas en xuño de 2015, a maior parte delas na África subsahariana.

As súas especies presentan unha ampla variedade de cores e moitas delas teñen a capacidade de cambiar de cor.

Os camaleóns distínguense polos seus pés zigodáctilos, as súas longas linguas, moi modificadas, rapidamente protráctiles (que poden proxectarse moito cara a fóra da boca)protráctil no Dicionario da RAG. e a súa marcha balanceándose, e cristas ou cornos na cabeza e no fociño. A maioría das especies, as máis grandes en particular, tamén teñen unha cola prénsil. Os ollos poden moverse independentemente o un do outro, pero para apuntar a unha presa, céntranse cara a adiante en coordinación, permitindo unha visión estereoscópica ao animal.

Os camaleóns están adaptados para a escalada e caza visual. Viven en hábitats cálidos que van desde a selva tropical até espazos desérticos, con numerosas especies que se encontran en África, Madagascar, o sur de Europa e en todo o sur de Asia até Sri Lanka. Tamén foron introducidos en Hawai, California e Florida, e a miúdo téñense como mascotas domésticas.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1815 polo naturalista, meteorólogo e arqueólogo estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque, Chamaeleonidae Rafinesque, 1815 en Wikispecies. na súa obra Analyse de la nature, ou tableau de l'univers et des corps organisés. Palerme: L'Imprimerie de Jean Barravecchia. (Ver texto completo).

Etimoloxía O nome camaleón deriva do latín chămaelĕōn,chămaelĕon, -ōnis en: Charlton T. Lewis & Charles Short (1879): A Latin Dictionary. Oxford: Clarendon Press. tirado do grego antigo χαμαιλέων chamailéōn,χαμαιλέων en: Henry George Liddell & Robert Scott (1843): A Greek–English Lexicon. Oxford: Oxford University Press. voz formada polos elementos χαμαί chamaí, "en terra", "polo chan", e λέων léōv, "león". Lietalmente: "león da terra".

Sinonimia Ademais de polo nome válido, a familia coñeceuse tamén polos sinónimos: Chamaeleoninae Rafinesque, 1815 Brookesinae Nopsca, 1923

Clasificación A familia dos Chamaeleonidae foi dividida en 1986, por Klaver e Böhme en dúas subfamilias, que comprenden os xéneros que se indican:

Subfamilia Brookesiinae Klaver & Böhme, 1986 Brookesia J. E. Gray Palleon Glaw, Hawlitschek & Ruthensteiner, 2013 Subfamilia Chamaeleoninae Klaver & Böhme, 1986 Archaius J. E. Gray Bradypodion Fitzinger, 1843 Calumma J. E. Gray Chamaeleo Laurenti, 1768 Furcifer Fitzinger, 1843 Kinyongia Tilbury, Tolley & Branch, 2006 Nadzikambia Tilbury, Tolley & Branch, 2006 Rhampholeon Günther, 1874 Rieppeleon Matthee, Tilbury & Townsend, 2004 Trioceros Swainson, 1839

Controversias taxonómicas Na primeira clasificación de Klaver e Böhme, a subfamilia dos Brookesiinae incluía os xéneros Brookesia e Rhampholeon, así como os dous xéneros que despois se separaron deles (Palleon e Rieppeleon),Subfamily Brookesiinae no ITIS. mentres que a dos Chamaeleoninae incluía os xéneros Bradypodion, Calumma, Chamaeleo, Furcifer e Trioceros, así como outros xéneros despois divididos (Archaius, Nadzikambia e Kinyongia). Porén, nese momento, a validez desta clasificación en dúas subfamilias foi obxecto de moitos debates, considerando que a maioría dos estudos filoxenéticos apoiban a idea de que os camaleóns pigmeos da subfamilia dos Brookesiinae non son un grupo monofilético.

Non obstante, en 2015, Glaw reformulou a división subfamiliar situando só os xéneros Brookesia e Palleon dentro da subfamilia dos Brookesiinae, situándose todos os demais xéneros na dos Chamaeleoninae.

Características físicas Tamaño e estrutura corporal Os camaleóns varían moito en tamaño e estrutura corporal, e as lonxitudes totais máximas varían desde os 15 mm dos machos da especie Brookesia micra (un dos réptiles máis pequenos do mundo) até os 68,5 cm dos machos de Furcifer oustaleti. Moitos teñen ornamentacións na cabeza ou no rostro, como saíntes nasais, ou proxeccións en forma de corno no caso de Trioceros jacksonii, ou grandes cristas na cabeza, como Chamaeleo calyptratus. Moitas especies presentan dimorfismo sexual e os machos están normalmente moito máis ornamentados que as femias.Camaleão .

Algúns camaleóns teñen unha crista de pequenas puntas que se estenden ao longo da columna vertebral dende a parte proximal da cola até o pescozo; tanto a extensión como o tamaño dastas espiñas varía entre especies e individuos. Estas puntas axudan a romper o contorno do camaleón, que os axuda a confundirse coa súa contorna.

Extremidades Os pés dos camaleóns están moi ben adaptados á locomoción arbórea, e mesmo especies como Chamaeleo namaquensis que dopataron un hábito terrestre conservan a mesma morfoloxía do pé con poucas modificacións. En cada pé, os cinco dedos claramente distinguíbeis agrúpanse en dous fascículos. Os dedos de cada fascículo están unidos nun grupo de dous ou tres, dándolle a cada pé un aspecto similar á pinzas ou tenaces. Nos pés dianteiros, o grupo exterior, lateral, contén dous dedos, mentres que o grupo interno, medial, contén tres. Nos pés traseiros, esta disposición invírtese, o grupo medial contén dous dedos e o grupo lateral tres. Estes pés especializados permiten que os camaleóns se agarren firmemente sobre pólas estreitas ou ásperas. Ademais, cada un dos pés está equipado cunha garra afiada para permitir un agarre en superficies como a casca ao subiren. É común referirse aos pés de camaleóns como didáctilos ou zigodáctilos, aínda que ningún dos dous termos é plenamente satisfactorio, xa que ambos os dous empregánse na descrición de pés totalmente diferentes, como os pés zigotáctilos de papagaios ou os pés didáctilos das avestruces, ningún deles son exactamente como os dos camaleóns. Aínda que o "zigodactilo" é razoabelmente descritivo da anatomía do pé dos camaleóns, a súa estrutura non se asemella á dos papagaios, á que se aplicou o termo por primeira vez. En canto á didáctilidade, os camaleóns teñen visibelmente cinco dedos en cada pé, non dous.

Captura do alimento

Móvese con extrema lentitude. Para apañaren ás súas presas, utilizan a súa lingua protráctil como se fose un dardo. Conseguen, cunha velocidade sorprendente, estender a lingua case un metro. A punta pegañenta prende o insecto, que é despois tragado. Ese proceso só se pode capturar en detalle con fotografías tomadas con cámaras de alta velocidade.

Visión e mobilidade dos ollos Os camaleóns teñen os ollos máis distintivos de todos os outros réptiles. As pálpebras superiores están unidas ás inferiores, deixando entre elas un único espazo libre o suficientemente grande como para que queden descubertos o iris e a pupila. Cada ollo pode moverse e centrarse de forma independente do outro, permitindo que o camaleón observe dous obxectos diferentes simultaneamente. Isto dálles un arco de visión de 360 ​​graos arredor dos seus corpos. Ás súas presas sitúanas usando a percepción monocular, non a binocular ou estereoscópica. Teñen a mellor vista de todos os réptiles, permitíndolles ver pequenos insectos a unha distancia de 5 a 10 m. De feito, os camaleóns teñen a maior visión (por tamaño) de calquera vertebrado.Ott, M. & F. Schaeffel (1995): "A negatively powered lens in the chameleon". Nature 373: 692-694.

Os camaleóns poden ver tanto con luz natural como con luz ultravioleta. Os camaleóns expostos á luz ultravioleta mostran uns maiores comportamentos sociais e niveis de actividade, están máis inclinados a alimentarse e tamén son máis propensos a reproducírense, xa que esta radiación ten un efecto positivo na glándula pineal.

Sentido do oído Do mesmo xeito que as serpes, os camaleóns non teñen oido externo nin medio, polo que non hai un orificio auditivo externo nin tímpano. Porén, os camaleóns non son xordos: poden detectar frecuencias sonoras no intervalo de 200-600 Hz.

Estrutura da pel A súa pel ten bastante queratina, o que presenta unha serie de vantaxes (en especial, a resistencia). Mais esta característica fai que o camaleón teña que facer a "muda" de pel durante o seu crecemento (a pel antiga descama, dando lugar a outra), como as cobras.

Reprodución Os camaleóns son especies ovíparas. As posturas varían entre 30 e 40 ovos, que son depositados no solo. A incubación é longa, dura de 8 a 9 meses. Alcanzan a madurez sexual ao cabo dun ano de vida, e poden vivir de 4 a 5 anos.

Os machos son normalmente máis coloridos e con ornamentacións máis preminentes na cabeza.

Distribución e hábitat A maior parte dos camaleóns vive en África e en Madagascar, aínda que algunhas especies tamén se encontran en partes do sur de Europa, Sri Lanka, India, Asia Menor e até na Amazonia. As diferentes especies habitan diferentes ambientes, como montañas, forestas pluviais, sabanas e ás veces desertos e estepas. Crese que os individuos que viven nos sectores mediterránicos europeos derivan de exemplares introducidos polo ser humano en épocas remotas.

Os camaleóns habitan, na súa maior parte, árbores, mais tamén son achados nalgúns arbustos, e algunhas especies viven no chan, embaixo das follas. Poden pasar dunha árbore a outra grazas á súa cauda, e aos pés en forma de pinzas.

Comportamento Todos os camaleóns son animais diúrnos. O seu período de maior actividade é a mañá e o final do entardecer. Os camaleóns non son cazadores activos. Ao contrario, prefiren esperar horas inmóbiles, esperando unha presa. Aliméntanse basicamente de artrópodos, especialmente insectos, e de pequenos vertebrados. En catividade tamén comen froitas como papaia, banana, e até ovos fritos, mais esa dieta só é válida para animais adultos: os fillos pequenos son case exclusivamente insectívoros.

Os camaleóns viven a maior parte das súas vidas solitariamente, e son bastante agresivos con outros membros da súa mesma especie, mesmo que sexan femias. O hábito solitario só é abandonado na época de emparellamento, cando o macho descende das árbores á procura de femias.

Mudanza de cor esquerda|miniatura|Camaleón listado

Ao contrario da crenza popular, o camaleón non muda de cor de acordo coa cor do ambiente: na verdade, o cambio da súa cor básica é expresión dunha condición física ou psicolóxica do lagarto.

A pel troca de cor baixo a influencia do seu humor, da luz ou da temperatura.

A mudanza de cor tamén ten un papel importante na comunicación durante loitas entre camaleóns: as cores indican se o opoñente está asustado ou furioso.

Acidentalmente, a mudanza de cor pode axudar no mimetismo do animal, aínda que esta non sexa unha ocorrencia frecuente senón ocasional.

Os camaleóns teñen células especializadas en dúas capas baixo a súa pel externa transparente. As células na capa superior, chamadas de cromatóforas, conteñen pigmentos amarelos e vermellos. Baixo as células cromatóforas hai outra capa de células: as guanóforas, que conteñen unha substancia cristalina e incolora (a guanina). Os guanóforos reflicten, entre outras, a cor azul da luz incidente. Se a capa superior de cromatóforas for amarela, a luz reflectida tórnase verde (azul máis amarelo). Unha capa de pigmento escuro (melanina) contendo melanóforos está situada aínda máis profundamente, baixo as guanóforas reflectoras de luz azul e branca. Estes melanóforos dominan o brillo e a claridade da luz reflectida.

Todas esas diferentes células pigmentarias poden recolocar os seus pigmentos, influenciando así a cor da luz que é reflectida.

Camaleóns na cultura e nas artes