thumb|O símbolo "Om", concepto chave do Vedanta, mencionado en todas as Upanishads.

O Vedanta (Devanagari: वेदान्त, Vedānta) é unha das seis grandes correntes filosóficas indias. A palabra era utilizada en orixe nesta tradición para referirse as ensinanzas que trataban co grupo de Vedas coñecidos como Upanishads.

O nome significa literalmente "O Remate dos Vedas", pois pretende ser compendio e esencia da ensinanza destes. Tamén se utiliza Vedanta para referírse a aquela persoa que acadou un coñecemento profundo dos catro Vedas Robert E. Hume, Professor Emeritus of History of Religions at the Union Theological Seminary, wrote in Random House's The American College Dictionary (1966): "It [Vedānta] is concerned with the end of the Vedas, both chronologically and teleologically.".

Ao redor do século VIII a palabra comezou a referirse máis especificamente a aquelas filosofías de liberación que apuntaban á realidade última (Brahman).

Adi Shankara, tamén chamado Shankaracharya, foi o primeiro filósofo que consolidou a doutrina Advaita Vedanta e, por extensión, do Vedanta en xeral. Hoxe en día segue a ser unha das principais referencias desta corrente.

O Vedanta non se cinge ou restrinxe a unhas determinadas escrituras nin ten unha fonte de referencia exclusiva.

Vedanta e Mimamsa

Dende o xiro que se produciu (século VIII), no Avaita cara a unha visión máis en liña coas coñecidas como "filosofías de liberación" , esta tamén é coñecida como Uttarā Mīmāṃsā: "A Última Indagación", ou a "Indagación Superior" e equipárase, en ocasións coa Pūrva Mimamsa, ou "Indagación Antiga". A Pūrva Mimamsa, habitualmente coñecida simplemente como Mimamsa, trata coa parte dos mantras védicos que se ocupa dunha parte máis ritual, mentres que o Vedanta trata de dar explicación ás ensinanzas esotéricas dos Āraṇyakas, e das Upanishads.

Subescolas do Vedanta

Advaita Vedanta Dvaita Vedanta Dvaitādvaita Vishishtadvaita Sri Lakshmi Visishtadvaita Shuddhādvaita

Notas

Categoría:Hinduísmo‎ Categoría:Escolas filosóficas