José Ramón Rego Martínez, nado en Mondoñedo en 1919 e finado na Coruña o 10 de xullo de 1996, foi un político galego.
Traxectoria Cursou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Secretario da Administración de Xustiza, estivo destinado na provincia de Madrid e despois en Bilbao; foi secretario da Audiencia Provincial de Lugo dende 1960. Foi Presidente da Deputación de Lugo entre 1962 e 1963 e procurador en Cortes en representación da Deputación. Finou na Coruña o 10 de xullo de 1996.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 11-7-1996, p. 81. Vida persoal
Casou con María Luisa Álvarez de Mon Pérez e foi pai de José María, Juan Ramón e Manuel Rego Álvarez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Presidentes da Deputación de Lugo Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes