Maraña é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 120 habitantes (INE 2023). Situado no Parque Rexional Montaña de Riaño e Mampodre, neste municipio atópase o nacemento do río Esla.
Localidades Maraña
Comunicacións A Maraña accédese pola estrada comarcal LE-2701. Os seus 3,9 km de lonxitude separan a vila do cruzamento coa CL-635, vial que comunica a N-625, que vén de Riaño, ou co val do Nalón, a través do porto de Tarna. Pese a estar a menos de 60 km en liña recta da capital provincial, as distancias por estrada son moi superiores. A través de val do Esla, pasando por Riaño, a distancia é de 120 km dende León; cruzando ao val do Porma, pasando por Puebla de Lillo, son 97 km. Así, a capital máis achegada a Maraña é Oviedo, a 96 km, e Xixón atópase a 109 km.
Estes accesos por estrada vense dificultados polos numerosos portos de montaña que hai que atravesar para chegar a Maraña desde diferentes lugares. O porto de Tarna, desde Oviedo ou Xixón; o porto de las Señales, desde León; o porto de El Pontón, desde Cangas de Onís; e o porto de San Glorio, desde Santander e Cantabria. Unha confirmación máis da paisaxe montañosa na que se enclava Maraña, en plena cordilleira Cantábrica. As localidades máis próximas son La Uña, Acebedo e Liegos (do concello de Acebedo), Lario e Burón (concello de Burón) e Solle (Puebla de Lillo).
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do concello
Categoría:Concellos da provincia de León