Manuel Portela Nogueira, nado en Martín (Baleira) en 1908 e finado en Lugo en marzo de 1984, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fixo o bacharelato no colexio dos maristas de Lugo. Estudo Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1931-1936). Pertenceu á xuventude católica e durante a República foi concelleiro de Lugo pola minoría de dereitas. En 1937 estableceuse como avogado en Lugo. Alcalde de Lugo (1941–1950), foi procurador nas Cortes Españolas representante dos concellos da provincia de Lugo durante as dúas primeiras lexislaturas do período franquista (1943-1950). Finou en Lugo en marzo de 1984.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Lugo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Baleira Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes