Howard Walter Florey nado en Adelaida o 24 de setembro de 1898 e finado o 21 de febreiro de 1968 en Oxford (Reino Unido) foi un farmacólogo e patólogo australiano gañador do Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1945 polas súas achegas o descubrimento das propiedades da penicilina.

Traxectoria Florey realizou os seus estudos na Universidade de Adelaida e trasladouse a Oxford para especializarse. Investigou a actividade citológica de diversos mohos e bacterias, e elixiu o antibiótico penicilina descuberto por Alexander Fleming para as súas investigacións. Colaborou con Ernst Boris Chain para extraer a penicilina dos cultivos do fungo Penicillium notatum e purificala mediante métodos químicos, obxectivo que ambos os dous investigadores lograron en 1940.

Howard Walter Florey, compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1945 con Ernst Boris Chain e Alexander Fleming.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial dos Premios Nobel de Medicina .

Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Nados en Adelaida Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Premios Nobel de Australia