Luis Ameijide Aguiar, nado en Lugo o 21 de xuño de 1911 e finado na mesma cidade a finais de marzo de 1982, foi un político galego.
Traxectoria Foi gobernador do Banco da Coruña en Lugo. Alcalde do concello de Lugo en 1952, foi presidente da Deputación de Lugo tomando posesión o 1 de abril de 1958. Continuou no cargo até 1963. Foi procurador en Cortes. Foi nomeado Gobernador civil de Zamora e de León (1964). Finou en Lugo a finais de marzo de 1982.La Voz de Galicia, 30-3-1982, p. 24
Notas
Véxase tamén Bibliografía Barreiro Fernández, Xosé Ramón; López Morán, Beatriz; Mínguez Goyanes, Xosé Luís (2003). Parlamentarios de Galicia : biografías de deputados e senadores (1810-2003). Parlamento de Galicia - Real Academia Galega. ISBN 84-87987-25-7.
Categoría:Alcaldes de Lugo
Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Presidentes da Deputación de Lugo
Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Gobernadores civís de León Categoría:Gobernadores civís de Zamora Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes