Manuela Ruiz Penella, máis coñecida como Emma Penella, nada en Madrid o 2 de marzo de 1931 e finada o 27 de agosto de 2007, foi unha actriz española de cine, teatro e televisión.

Traxectoria Intérprete de marcada personalidade e gran prestixio desde a década de 1950, triunfou en cine grazas a películas como El verdugo, de Luis García Berlanga e mantivo unha intensa actividade teatral. Tras unha retirada a mediados da década de 1990, volveu adquirir gran popularidade mercé á súa participación na exitosa serie de televisión Aquí no hay quien viva e posteriormente en La que se avecina xunto con Gemma Cuervo e Mariví Bilbao.

Vida persoal Filla do político Ramón Ruiz Alonso e de Magdalena Penella Silva, neta do compositor Manuel Penella Moreno e bisneta do tamén músico Manuel Penella Raga, era irmá das tamén actrices Elisa Montés e Terele Pávez e casou co produtor de cine Emiliano Piedra. Ademais, era tía da actriz Emma Ozores (filla da súa irmá Elisa e do actor Antonio Ozores).

Filmografía Cine Carne de horca (Ladislao Vajda, 1953). Cómicos (Juan Antonio Bardem, 1953). Los peces rojos (José Antonio Nieves Conde, 1955). Fedra (Manuel Mur Oti, 1956). El batallón de las sombras (Manuel Mur Oti, 1956). De espaldas a la puerta (José María Forqué, 1956). La guerra empieza en Cuba (Manuel Mur Oti, 1957). Sentencia contra una mujer (1960). Alegre juventud (Mariano Ozores, 1963). El verdugo (Luis García Berlanga, 1963). La hora incógnita (Mariano Ozores, 1963). Lola, espejo oscuro (Fernando Merino, 1966). Fortunata y Jacinta (Angelino Fons, 1970). La Regenta (Gonzalo Suárez, 1974). Padre Nuestro (Francisco Regueiro, 1985). El amor brujo (Carlos Saura, 1985). La estanquera de Vallecas (Eloy de la Iglesia, 1987). Doblones de a ocho (Andrés Linares, 1990). Mar de luna (Manolo Matji, 1994). Pídele cuentas al Rey (José Antonio Quirós, 1999). Los novios búlgaros (Eloy de la Iglesia, 2003).

Televisión Estudio 1 (1981-1982) Juncal (1987). El Quijote de Miguel de Cervantes (1991). La huella del crimen 2: El crimen de Don Benito (1991). Aquí no hay quien viva (2003–2006). La que se avecina (2007)

Teatro Micaela (1962). Los baños de Argel (1979). Juana del amor hermoso (1983). Frank V (1988) no Teatro María Guerrero. El señor de las patrañas (1990). La taberna de los cuatro vientos (1994). El enfermo imaginario de Molière (1996). ¿Le gusta Schubert? (1998).

Premios e candidaturas Círculo de Escritores Cinematográficos Ano Categoría Película Resultado1952Mellor actriz secundariaLos ojos dejan huellasGañadora1956Mellor actriz principalFedraGañadora1961Mellor actriz principalSentencia contra una mujerGañadora1966Mellor actrizLa buscaGañadora1969Mellor actrizFortunata y JacintaGañadora1995Mellor actrizMar de lunaGañadora

Fotogramas de Prata Ano Categoría Programa de TV Resultado1981Mellor intérprete de televisiónEstudio 1: Sabor a mielCandidata

Outros Premio do Sindicato Nacional do Espectáculo por El verdugo (1963). Premio Sant Jordi por Fortunata y Jacinta (1970). Premio da "F" de famosa, formidable e fabulosa (1971). Premio Mayte de Teatro (1995). Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (1997). Premio Júbilo (compartido xunto a Gemma Cuervo e Mariví Bilbao, actrices de Aquí no hay quien viva). Estrela no Paseo da Fama de Madrid (2011).

Notas

Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2007