Demetrio Salorio Suárez, nado na Coruña o 9 de outubro de 1917 e finado na mesma cidade o 9 de maio de 1992, foi un enxeñeiro e político galego.
Traxectoria Estudou Comercio e Enxeñería no ICAI. En 1943 incorporouse á Sociedad Gallega de Electricidad, e onde pasou en 1947 á compañía Fenosa. En 1965 foi nomeado vicepresidente da Xunta de Obras do Porto da Coruña e traballou en Elaborados Metálicos, Isolux Galicia e La Artística.
Foi alcalde da Coruña entre 1966 e 1969. Durante o seu mandato inaugurou o Museo Arqueolóxico do Castelo de Santo Antón, formulou a proposta de creación dunha mancomunidade de municipios, municipalizou a empresa de augas e inaugurou a estación de San Diego e o Barrio das Flores. Tamén foi procurador en Cortes e colaborou na pensa local. Vida persoal
Foi irmán do enxeñeiro Fernando Salorio Suárez.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes