thumb|230px|Mero de altura entre rochas. O mero de altura Rodríguez Villanueva et al. (1994), p. 92. ou cherna cinsentaNome galego en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega (Epinephelus marginatus) é un peixe da familia dos serránidos (Serranidae), subfamilia dos epinefelinos (Epinephelinae),Algúns autores elevan a subfamilia dos epinefelinos á categoría de familia, epinefélidos (Epinephelidae). . que vive nas costas do océano Atlántico, incluíndo o mar Mediterráneo, os Azores,Barreiros, J. P. (1995): "Aspectos de comportamento e reprodução do mero Epinephelus marginatus (Lowe, 1834) nos Açores". Departamento de Ciências Agrárias, Universidade dos Açores. e nas costas do sur do Brasil, o Uruguai e o norte da ArxentinaRico M. R. e M. Acha: "Southernmost occurrence of Epinephelus marginatus in the south-west Atlantic"; Journal of Fish Biology 63 (6): 1621–1624. Instituto Nacional de Investigación y Desarrollo Pesquero - Universidad Nacional de Mar del Plata, Mar del Plata, Argentina. así como no océano Índico fronte ás costas de Mozambique e Madagascar, comunmente a unha profundidade entre os 10 e os 50 m, chegando á veces até os 200 m, especialmente en zonas con fondos rochosos ou veciñas a furnas.
Descrición
Corpo robusto, de contorno fusiforme, coa rexión anterior do tronco notabelmente dilatada; pode alcanzar os 150 cm de lonxitude (normalmente, 90 cm, e un peso medio de 60 kg). Boca moi grande, coa mandíbula moi prominente e fociño ancho con labios grosos; dentes cónixos, pequenos, dispostos en tres fileiras polo menos, formando bandas anchas. Bordo posterior do opérculo con tres aguillóns. Aleta dorsal longa; aletas pectorais moi arredondadas, e as pelvianas grandes, pero máis curtras que as anteriores; a aleta caudal, arredondaa, coa marxe branca. Coloración do dorso e os flancos é normalmente parda achocolatada, con máis ou menos manchas amarelas, pero pode variar da verde á parda dependendo da estación e da idade. É de verde a azulada durante a súa fase xuvenil. Pode ademais presentar distintas coloracións segundo o seu estado emocional e reprodutor.Louisy (2006).Epinephelus marginatus en FishBase Consultada o 28/11/2012.Mas Ferrà, Xavier e Canyelles Ferrà, Xavier (2000): Peixos de les Illes Balears. Palma de Mallorca: Editorial Moll. ISBN 84-273-6013-4.Kara, M. H. e Derbal, F. (1998): "Morphometrie, croissance et mortalité du Merou Epinephelus marginatus (Serranidae) des cotes de l'est algerien". Cahiers de Biologie Marine 36: 229-237. Distínguese doutras especies parecidas (como a cherna) pola marxe da aleta caudal arredondada de forma convexa, polas bandas laterais claras na cabeza e pola cor tipicamente parda, que é máis gris nas outras especies.
Hábitat e bioloxía Vive en fondos rochosos de 8 a 200 m de profundidade. Moi sedentario, realiza pequenas migracións a distiuntos fondos a buscar alimento, volvendo para realizar a desova. Aliméntase principalmente de cefalópodos e tamén de peixes e crustáceos. Reprodúcese durante o verán. É hermafrodita sucesivo, madurando como femia contra os 5 anos e converténdose en macho contra os 12, aínda que pode facelo desde os 7 anos segundo a situación demográfica do grupo. A femia transitoria busca ao macho no seu territorio e o espera. Pode vivir uns 50 anos,"Periodi riprodutivi delle specie ittiche dei mari italiani". Consultada o 28/11/2012. observándose un espécime dunha idade máxima de 61 anos.Reñones & Piñeiro: "Age and growth of the dusky grouper Epinephelus marginatus (Lowe 1834) in an exploited population of the western Mediterranean Sea", Journal of Fish Biology 71 (2): 346-362.)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Louisy, Patrick (2006): Guida all'identificazione dei pesci marini d'Europa e del Mediterraneo. Milán: Il Castello. ISBN 88-8039-472-X. Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (II) Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8. Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
Outros artigos Actinopterixios Perciformes Cherna
Ligazóns externas Animal Diverity Web Consultada o 28/11/2012. Encyclopedia of Life Consultada o 28/11/2012. zipcodezoo.com Consultada o 28/11/2012. Consultada o 28/11/2012. World Register of Marine Species Consultada o 28/11/2012. larompiente.com Consultada o 28/11/2012. cibsub Consultada o 28/11/2012.
Categoría:Serránidos Categoría:Peixes de Galicia Categoría:Peixes do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1834