Doron Emmanuel Calvin Lamb, máis coñecido como Doron Lamb, nado o 6 de novembro de 1991 en Queens, Nova York, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no UEB Gesteco Cividale da Serie A2 Basket italiana.
Traxectoria Universidade Lamb graduouse no Oak Hill Academy. No instituto, recibiu os galardóns McDonald's All-America e Jordan Brand Classic All-America. Despois, asistiu á Universidade de Kentucky. No seu primeiro ano, os Wildcats chegaron á Final Four da NCAA e perderon por un só punto contra os UConn Huskies. No seu segundo ano, os Wildcats conseguiron un récord de 38-2, e gañou o Campionato da NCAA de 2012.
Profesional En abril de 2012, Lamb anunciou que se presentaba ó Draft da NBA de 2012, xunto ós seus compañeiros en Kentucky Anthony Davis, Marquis Teague, Terrence Jones e Michael Kidd-Gilchrist. O 28 de xuño de 2012, Lamb foi elixido na 42ª posición do Draft polos Milwaukee Bucks. Asinou un contrato por varios anos cos Bucks, aínda que só permanceu unha temporada. Após outra campaña cos Orlando Magic e con equipos da G League, Lamb continuou coa súa carreira en Europa.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Biografía en Kentucky Perfil en NBADraft.net Perfil en Scout.com Perfil en Rivals.com
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Queens Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores do KK Budućnost Podgorica Categoría:Xogadores do JSF Nanterre Categoría:Xogadores do Lavrio BC Categoría:Xogadores do Darüşşafaka SK Categoría:Xogadores do Start Lublin Categoría:Xogadores do Victoria Libertas Pesaro Categoría:Xogadores do Scafati Basket Categoría:Xogadores do New Basket Brindisi