Speaking in Tongues é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de New Wave Talking Heads, editado o 31 de maio de 1983 a través do selo Sire Records.

O disco foi un éxito comercial que produciu o primeiro (e único) top 10 estadounidense da banda, "Burning Down the House", que foi acompañado dun videoclip promocional. A xira que seguiu ao lanzamento do álbum foi documentada por Jonathan Demme en Stop Making Sense, que xerou un álbum ao vivo co mesmo nome. Ademais, o álbum pasou ás listas de dance, chegando ao número 2. No ano 2012 a revista Slant Magazine colocouno no número 89 da súa lista dos "Mellores álbums dos anos 80".

O álbum foi re-editado en febreiro do ano 2006 coo un DualDisc remasterizado. Contén as versións estendidas das cancións que poden escoitarse no casete orixinal, e inclúe dous temas adicionais: "Two Note Swivel" e unha mestura alternativa de "Burning Down the House".

Listaxe de cancións Todas as letras foron escritas por David Byrne; toda a música foi composta por Talking Heads.

Cara 1 "Burning Down the House" – 4:00 "Making Flippy Floppy" – 4:36 "Girlfriend Is Better" – 4:25 "Slippery People" – 3:30 "I Get Wild/Wild Gravity" – 4:06

Cara 2 "Swamp" – 5:09 "Moon Rocks" – 5:04 "Pull Up the Roots" – 5:08 "This Must Be the Place (Naive Melody)" – 4:56

Re-edición do 2006 "Burning Down the House" – 4:01 "Making Flippy Floppy (Extended Version)" – 5:53 "Girlfriend Is Better (Extended Version)" – 5:42 "Slippery People (Extended Version)" – 5:05 "I Get Wild/Wild Gravity (Extended Version)" – 5:16 "Swamp" – 5:12 "Moon Rocks (Extended Version)" – 5:45 "Pull Up the Roots" – 5:09 "This Must Be the Place (Naive Melody)" – 5:03 "Two Note Swivel (Unfinished Outtake)" – 5:51 "Burning Down the House (Alternate Version)" – 5:09

Categoría:Álbums de Talking Heads Categoría:Álbums musicais de 1983 Categoría:Álbums de Sire Records