A Dinastía Ming (chinés: 明朝; pinyin: Míng Cháo; Wade-Giles: Ming2 Ch'ao2), tamén coñecida como Imperio do Gran Ming (chinés tradicional: 大明國; chinés simplificado: 大明国; pinyin: Dà Míng Guó; Wade-Giles: Ta4 Ming2 Guo2), foi a penúltima dinastía gobernante na China e que gobernou durante 276 anos (entre 1368 e 1644) trala caída do Imperio Mongol liderado pola dinastía Yuan. A Ming foi descrita por algúns como "unha das máis grandes épocas de orde de goberno e estabilidade social da historia humana",Edwin Oldfather Reischauer, John King Fairbank, Albert M. Craig (1960) A history of East Asian civilization, Volume 1. East Asia: The Great Tradition, George Allen & Unwin Ltd. foi a derradeira dinastía da China rexida pola etnia han.
O fundador da dinastía Ming, o emperador Hongwu (r. 1368-1398), tentou crear unha sociedade de comunidades rurais autosuficientes ordenadas nun sistema ríxido e inmóbil que garantise e mantivese unha clase permanente de soldados para a súa dinastía: O exército permanente do imperio superaba o millón de soldadosEbrey (2006), 271. e os estaleiros da armada ming en Nanjing eran os maiores do mundo. Tamén tivo moito coidado de romper o poder dos eunucos da corte e o dos magnates non relacionados con esta, pois enfeudaban aos seus numerosos fillos por toda China, e tentou guiar a estes príncipes a través dun conxunto de instrucións dinásticas publicadas no Huang-Ming Zuxun. Isto fracasou cando o seu sucesor adolescente, o emperador Jianwen, tentou recortar o poder do seu tío, o que provocou a campaña de Jingnan, un levantamento que colocou ao príncipe de Yan no trono como emperador Yongle en 1402. O emperador Yongle estableceu Yan como capital secundaria e a rebautizó como Pequín, construíu a Cidade Prohibida e restaurou o Gran Canal e a primacía dos exames imperiais nos nomeamentos oficiais. Recompensou aos seus partidarios eunucos e empregounos como contrapeso fronte aos eruditos-burócratas confucianos. Aínda que xa se levaran a cabo expedicións comerciais e diplomáticas desde a China en períodos anteriores, durante o século XV a frota tributaria do almirante eunuco musulmán Zheng Hei superou a todas as demais en tamaño. Zheng Hei, dirixiu sete enormes viaxes de exploración polo océano Índico ata Arabia e as costas orientais de África.
O ascenso de novos emperadores e novas faccións diminuíu tales extravagancias; a captura do emperador Zhu Qizhen dos Ming durante a crise de Tumu de 1449 acabou con elas por completo. Deixouse que a armada imperial caese en desuso mentres os traballadores forzados construían a empalizada de Liaodong e conectaban e fortificaban a Gran Muralla na súa forma moderna. Cada dez anos realizábanse amplos censos de todo o imperio, pero o desexo de evitar o traballo e os impostos e a dificultade de almacenar e revisar os enormes arquivos de Nanjing dificultaron a obtención de cifras exactas. . As estimacións para a poboación de finais da dinastía de Ming varían entre 160 e 200 millóns de persoas. pero os ingresos necesarios recaudabanse cada vez a un número menor de agricultores, xa que estes desaparecían dos rexistros oficiais pois "doaban" as súas terras a eunucos ou templos exentos de impostos. As leis "Haijin", destinadas a protexer as costas dos piratas "xaponeses", converteron a moitos en contrabandistas e piratas.
A reconstrución da base agrícola chinesa e a mellora das vías de comunicación a través dun sistema de camiños militarizados tivo o efecto inesperado de xerar un gran excedente agrícola que puido ser vendido en florecentes mercados próximos ás vías de comunicación. A cultura rural e comercial recibiu a influencia das modas urbanas. Os chanzos máis altos da sociedade, equiparados á baixa nobreza, víronse igualmente afectados por esta nova cultura centrada no consumo. Afastándose das tradicións, as familias comerciantes comezaron a integrarse no seo da administración e da burocracia e adoptaron os trazos culturais e as prácticas da nobreza. Paralelo a esta evolución da sociedade e do comercio, houbo cambios no pensamento filosófico, as institucións gobernamentais e nas artes e a literatura.
No século XVI, con todo, a expansión do comercio europeo -aínda que restrinxido a illas próximas a Guangzhou como Macau- difundiu na China o intercambio colombiano de cultivos, plantas e animais, introducindo o chile na cociña de Sichuan e os altamente produtivos millo e patacas, que diminuíron as fames negras e estimularon o crecemento demográfico. O crecemento do comercio portugués español, e alemá creou unha nova demanda de produtos chineses produciu unha afluencia masiva de xaponesés e prata americana. Esta abundancia de especies remonetizou a economía Ming, cuxo diñeiro sufrira repetidas hiperinflacións e xa non inspiraba confianza. Mentres que os confucianos tradicionais opoñíanse a un papel tan destacado do comercio e dos novos ricos que creaba, a heterodoxia introducida por Wang Yangming permitiu unha actitude máis compracente. As reformas inicialmente exitosas de Zhang Juzheng resultaron devastadoras cando unha retardación da agricultura producida pola Pequena Idade de Xeo combinouse con cambios na política xaponesa e española que cortaron rapidamente a subministración de prata agora necesaria para que os agricultores puidesen pagar os seus impostos. En combinación coa perda de colleitas, as inundacións e a epidemia, a dinastía derrubouse en 1644 cando as forzas de Li Zicheng entraron en Pequín, aínda que as forzas de Li foron derrotadas pouco despois polos exércitos manchú dos Oito Estandartes dirixidos pola dinastía Qing.
Aínda que a primeira capital, Pequín, caeu en 1644 a causa dunha rebelión encabezada por Li Zicheng (quen estableceu a Dinastía Shun, axiña substituída pola Dinastía Qing, de orixe manchú), os réximes leais aos Ming, chamados no seu conxunto Dinastía Ming do Sur, sobreviviron ata 1662.
Historia Fundación Revolta e rivalidade entre os rebeldes miniatura|esquerda|upright|Canón do Huolongjing, compilado por Jiao Yu e Liu Ji. A dinastía Yuan (1271-1368), establecida tras a invasión mongol dirixida por Khublai Khan, precedeu á fundación da dinastía Ming. Ademais dunha discriminación institucional contra os han que xerou gran resentimento, a expulsión dos Yuan debeuse aos altos impostos nas rexións, a alta inflación e as graves inundacións do río Amarelo, debidos ao abandono dos proxectos de irrigación. Por consecuente, a agricultura e a economía estaban arruinadas e a revolta estalou entre os centos de miles de agricultores que foran chamados a reparar os diques do río Amarelo.Gascoigne (2003), 150.
Así moitos grupos dos han, entre eles os Turbantes Vermellos alzáronse en rebelión en 1351. Os Turbantes Vermellos estaban afiliados ao Loto Branco, unha sociedade secreta budista. Zhu Yuanzhang era un agricultor pobre e un monxe budista que se uniu aos Turbantes Vermellos en 1352 e se forxou unha gran reputación ao casar coa filla adoptiva dun comandante rebelde.Ebrey (1999), 190–1. En 1356, as forzas de Zhu tomaron a cidade de Nanjing,Gascoigne (2003), 151. a cal se convertería posteriormente na capital dos Ming.
Co derrubamento da dinastía Yuan, moitos grupos rebeldes comezaron a enfrontarse polo control do país e o dereito para establecer unha nova dinastía. En 1363, Zhu Yuanzhang eliminou ao seu peor inimigo, o líder da facción rebelde Chen Youliang, na batalla do lago Poyang, na que seria posiblemente unha das maiores batallas navais da historia. Grazas ao uso de brulotes, os 200 000 mariños de Zhu conseguiron vencer á frota rebelde a pesar de ser esta superior en número. A vitoria eliminou á última facción rebelde, o que deixou a Zhu Yuanzhang como dono incontestable do rico val do Yangtzé e permitiulle afianzar o seu poder no sur. Tras a sospeitosa morte do xefe dos Turbantes Vermellos cando era un invitado de Zhu en 1367, xa non había ninguén que puidese impedir o seu acceso ao trono e fixo públicas as súas ambicións imperiais ao enviar o seu exército cara a capital Yuan Dadu (actual Pequín) en 1368.Ebrey (1999), 191. O último emperador Yuan refuxiouse no norte, en Shangdu e Zhu anunciou a fundación da dinastía Ming tras arrasar o palacio Yuan de Dadu. A cidade foi renombrada como Beiping e Zhu Yuanzhang tomou o nome de Hongwu (Extremadamente militar, en chinés). Reinado do emperador Hongwu Hongwu realizou un inmediato esforzo para reconstruír as infraestruturas do país. Fixo construír un muro de 48 km ao redor de Nanjing, así como numerosos palacios e centros administrativos. O Historia dos Ming ( 明史 ) afirma que desde 1364 Zhu comezara a redactar un novo código penal confuciano, o Da Ming Lü, que se terminou en 1397 e recuperaba algúns elementos do código Tang do ano 653.Andrew & Rapp (2000), 25. Hongwu organizou un sistema militar chamado weisuo, similar ao sistema fubing da dinastía Tang (618-907).
thumb|upright|Retrato do emperador Hongwu (gobernou entre 1368 e 1398)
En 1380, Hongwu mandou executar o seu chanceler Hu Weiyong (胡惟庸) tras os rumores dun golpe de estado. Aboliu ese posto e asumiu as funcións de emperador e de primeiro ministro, o que seguiron facendo a maioría dos seus herdeiros.Ebrey (1999), 192–3.Fairbank & Goldman (2006), 130. Cada vez máis desconfiado dos seus ministros e discípulos, Hongwu creou a Jinyi Wei, unha policía secreta formada polos seus propios gardas. Esta foi parcialmente responsable da morte de 100 000 persoas en numerosas purgas que houbo durante as tres décadas do mandato de Hongwu.Fairbank & Goldman (2006), 129–30.
O emperador Hongwu promulgou numerosos edictos prohibindo as prácticas mongos e proclamando a súa intención de purificar a China da influencia bárbara. Con todo, tamén tratou de utilizar o legado yuan para lexitimar a súa autoridade na China e outras zonas gobernadas polos yuan. Continuou coas políticas da dinastía Yuan, como seguir solicitando concubinas e eunucos coreanos, institucións militares hereditarias ao estilo mongol, vestimentas e chapeus ao estilo mongol, promover o tiro con arco e a equitación, e facer que un gran número de mongois servisen no exército Ming. Ata finais do século XVI, os mongois seguíon constituíndo un de cada tres oficiais que servían en forzas capitais como a garda do uniforme bordado, e tamén destacaban outros pobos como os jurchens. Con frecuencia escribía aos gobernantes mongois, xaponeses, coreanos, jurchen, tibetanos e das fronteiras do suroeste ofrecéndolles consello sobre a súa política gobernamental e dinástica, e insistía en que os líderes destas rexións visitasen a capital Ming para asistir a audiencias. Reasentó a 100.000 mongois no seu territorio, moitos dos cales serviron como gardas na capital. O emperador tamén fixo gran publicidade da hospitalidade e o papel concedido aos nobres chinggisíes na súa corte.
Zhu Yuanzhang insistiu en que non era un rebelde e tentou xustificar a súa conquista dos outros caudillos rebeldes alegando que era un súbdito yuan e que fora designado divinamente para restaurar a orde esmagando aos rebeldes. A maioría das elites chinesas non consideraban a etnia mongol dos yuan como motivo para resistirse ou rexeitalos. Zhu insistiu en que non estaba a conquistar territorio á dinastía Yuan, senón aos señores da guerra rebeldes. Utilizou esta liña argumental para tentar persuadir aos leais aos Yuan de que se unisen á súa causa. Os Ming utilizaron o tributo que recibían dos antigos vasalos Yuan como proba de que os Ming asumiran a lexitimidade dos Yuan. As misións de tributo celebrábanse regularmente con música e danza na corte Ming. Fronteira suroeste miniatura|upright|esquerda|A antiga porta sur da cidade de Dali (Yunnan) En Qinghai, o pobo musulmán salar someteuse voluntariamente ao poder dos Ming, ao capitular os seus líderes cara ao ano 1370. As tropas uigures do xeneral Ala Bashi aplacaron as rebelións Miao da década de 1370 e asentáronse en Changde, Hunan.