The Twilight Saga: Eclipse é un filme estadounidense dirixido por David Slade que se estreou no 2010. É o terceiro filme da saga cinematográfica e baséase na novela Eclipse de Stephenie Meyer.
Sinopse Bella (Kristen Stewart) terá que elixir entre Edward (Robert Pattinson) e Jacob (Taylor Lautner). A cidade de Seattle é asolada por unha serie de misteriosos asasinatos dirixidos por Victoria, que busca vingarse. Bella debe escoller entre o seu amor por Edward e a súa amizade con Jacob, consciente de que a súa decisión pode orixinar unha batalla entre vampiros e lobishomes. Rodeada de perigos e coa súa graduación achegándose, agora enfróntase á decisión máis importante da súa vida.
Personaxes Principais Kristen Stewart como Bella Swan Robert Pattinson como Edward Cullen Taylor Lautner como Jacob Black
Secundarios Peter Facinelli como Carlisle Cullen Elizabeth Reaser como Esme Cullen Ashley Greene como Alice Cullen Kellan Lutz como Emmett Cullen Nikki Reed como Rosalie Hale Jackson Rathbone como Jasper Hale Billy Burke como Charlie Swan Bryce Dallas Howard como Victoria Dakota Fanning como Jane Cameron Bright como Alec Xavier Samuel como Riley Biers Jodelle Ferland como Bree Tanner Sarah Clarke como Renée Dwyer Anna Kendrick como Jessica Stanley Michael Welch como Mike Newton Catalina Sandino Moreno como Maria
Galardóns e nomeamentos 2010: Premios Razzie: peor actor secundario (Jackson Rathbone). 9 nomeamentos, incluíndo peor filme.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Twilight Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Slade Categoría:Filmes de Summit Entertainment Categoría:Filmes de Temple Hill Entertainment Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes de vampiros Categoría:Filmes de lobishomes Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX