Francis Cabrel, nado en Astaffort, preto de Agen, Francia o 23 de novembro de 1953, é un cantante e guitarrista francés.

Biografía Naceu nunha familia modesta orixinaria de Friúl-Venecia Xulia, Italia, o seu pai traballaba nunha pastelería e a súa nai era camereira nunha cafetería. Ten unha irmá, Martine, e un irmán, Philippe. Pasou a súa infancia en Astaffort.

Aos trece anos, escoitou por primeira vez na radio "Like a Rolling Stone", un descubrimento que tería unha importante influencia na súa carreira. Comezou a compoñer con 16 anos por afección influído por cantantes como Bob Dylan, Neil Young ou Leonard Cohen.

Expulsárono do instituto por problemas de disciplina e encontrou traballo nunha zapateiría, traballo que abandonou pola música, comezou tocando en pubs e bares co grupo Ray Frank et les Jazzmen (máis tarde Les Gaulois). Pero deixou o grupo, comezou a presentarse a concursos e finalmente comezou a gravar discos.

Cantantes mundialmente coñecidos como Shakira, Jarabe de Palo, Manzanita e Muchachito Bombo Infierno interpretaron unha das súas canciónes : Je L'aime A Mourir

Está casado e é pai de tres fillas: Manon, Aurélie e Thiu.

Álbums de estudio Les Murs de poussière (1977) Les Chemins de traverse (1979) Fragile (1980) Carte postale (1981) Quelqu'un de l'intérieur (1983) Photos de voyages (1985) Sarbacane (1989) Samedi soir sur la Terre (1994) Hors-saison (1999) Les beaux dégâts (2004) Des roses et des orties (2008) Vise le ciel (2012) In extremis (2015) À l'aube revenant (2020)

Álbums en direto Cabrel public (1984) D'une ombre à l'autre (1991) Double Tour (2000) La Tournée des bodegas (2005)

Recompilacións Cabrel 77-87 (1987) Algo más de amor (1998) Aniversario (2003) L'essentiel 1977-2007 (2007)

Participacións Colaboracións Participación no programa SOS Éthiopie da asosiación Chanteurs sans frontières. (1985) Reinterpretación de Quand j'aime une fois, j'aime pour toujours de Richard Desjardins no álbum Urgence, 27 artistes contre le sida. (1992) Reinterpretación de Les Passantes no álbum homenaxe Chantons Brassens. (1992) Participación regular no espectáculo Les enfoirés. (A partir de 1992) Participación nos álbums e nos concertos en beneficio da asociación Sol En Si. (A partir de 1993) Reinterpretación da canción Prisonnier de l'inutile no álbum homenaxe a Gérard Manset Route Manset (1996) Saca unha nova versión da súa canción Sarbacane no álbum Merci d'être venus de Jean-Jacques Milteau. (1996) Interpreta Tandem en dúo con Vanessa Paradis no álbum Le Zénith des Enfoirés. (1997) Interpreta Yo vengo a ofrecer mi corazon en dúo con Mercedes Sosa no álbum Algo más de amor o mesmo que en The Best of Mercedes Sosa (Polygram, 1997). Reinterpreta a canción Petite Angèle de Daniel Balavoine no álbum Hommages…2000 Reinterpreta a canción La Complainte de la butte en dúo con Patrick Bruel no álbum Entre deux. (2002) Interpreta Des nuits trop longues en dúo con Michael Jones no álbum Prises et Reprises. (2004) Interpreta Gardien de nuit no conto de fadas musical Le Soldat rose de Louis Chedid e Pierre-Dominique Burgaud.(2006) Reinterpretación da canción Le Loir-et-Cher en dúo con Michel Delpech no álbum Michel Delpech &... (2006) Interpreta Cash City en dúo con Luc de Larochellière no álbum Voix croisées (2006) Interpreta Pas question d'aventure en dúo no álbum Duos Dubois de Claude Dubois (2008) Interpreta Giours co grupo Corou de Berra no álbum 10 (2008) Interpreta Tout reste à faire con Souad Massi no álbum Ô Houria (2010) Interpreta Les filles à quoi ça sert ? con Jean-Jacques Goldman, Alain Souchon e Bénabar, para o filme Titeuf de Zep (2011) Interpreta Guantanamera con Nana Mouskouri no álbum Rendez-vous (2011) Interpreta For No One no álbum homenaxe aos Beatles Fab Forever (2012)

Composicións Adaptación francesa de Walking in Memphis de Marc Cohn, baixo o título Marcher dans Memphis, para o álbum Prises et Reprises de Michael Jones. (2004) Adaptou no seu álbum Hors-saison a canción I've Been Loving You Too Long de Otis Redding (Depuis Toujours).(1999) Adaptou no seu álbum Des roses et des orties as cancións Mama Don't de J.J. Cale (Madame n'aime pas), Born on The Bayou de Creedence Clearwater Revival (Né dans le Bayou) e She Belongs To Me de Bob Dylan (Elle m'appartient (c'est une artiste)). (2008)

Axuda humanitaria Francis Cabrel é un fiel colaborador con Les enfoirés, e dos cocertos para recadar fondos para axudar á asociación Restos du cœur.

Sinxelos miniatura|dereita|350px|Francis Cabrel nun concerto en Bruxelas no 2008. Année Titre Álbum 1977 Petite Marie/Ami Les Murs de poussière 1978 Pas trop de peine/Au matin des mauvais jours Les murs de poussière/Ami Les Murs de poussière 1979 Je l'aime à mourir/Les chemins de traverse Les Chemins de traverse Je rêve1980 L'encre de tes yeux Fragile Je pense encore à toi 1981 La dame de Haute-Savoie Carte postale Carte postale 1982 Répondez-moi 1983 La fille qui m'accompagne Quelqu'un de l'intérieur 1984 Saïd et Mohammed Question d'équilibre 1985 Encore et encore Photos de voyages Tourner les hélicos 1986 Je te suivrai Il faudra leur dire 1989 Sarbacane Sarbacane C'est écrit Animal 1990 Tout le monde y pense (live) D'une ombre à l'autre Petite Marie (live) 1994 La corrida Samedi soir sur la Terre Je t'aimais, je t'aime, je t'aimerai La cabane du pêcheur 1995 Octobre Samedi soir sur la Terre 1997 Vengo a ofrecer mi corazón (en dúo con Mercedes Sosa) Algo más de amor 1999 Presque rien Hors-saison Le reste du temps Hors-saison 2000 Le monde est sourd Ma place dans le trafic (live) Double Tour 2004 Bonne nouvelle Les Beaux Dégâts Qu'est-ce que t'en dis ? Tu me corresponds 2005 Les gens absents Je pense encore à toi (live) La Tournée des bodegas 2007 Le gorille L'Essentiel 1977-2007 2008 La robe et l'échelle Des roses et des orties Le chêne liège 2009 Des hommes pareils Né dans le bayou Les cardinaux en costume (live) La Tournée Des Roses & Des Orties (DVD) 2012 Comme une femme (Just Like a Woman) Vise le ciel

Galardóns Victoire de la musique ao intérprete masculino do ano (1990). Grande médaille de la chanson française por parte da Academia francesa, (2010).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas A súa discogrfía dende 1978 a 1991 (en francés) Páxina do club de fans de Francis Cabrel (en francés) D'un disque à l'autre : a discografía completa de Francis Cabrel (en francés)

Categoría:Nados en 1953 Categoría:Cantantes de Francia Categoría:Guitarristas de Francia Categoría:Participantes nos Enfoirés Categoría:Nados no departamento de Lot e Garona