José Atarés Martínez, nado en El Vallecillo (Teruel) o 2 de agosto de 1960 e finado o 26 de setembro de 2013, foi un político de Aragón.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Zaragoza, é avogado, mediador de seguros e axente da propiedade inmobiliaria.

Foi presidente provincial do Partido Popular de Zaragoza desde 1993 até 2004, entre outros cargos no Comité Executivo Rexional (secretario de Organización). Actualmente é membro da Xunta Directiva Nacional do Partido Popular, e dos seus comités en Aragón e Zaragoza.

Cargos públicos Concelleiro e portavoz do PP no Concello de Zaragoza (1991-1995). Tenente de alcalde do Concello de Zaragoza (Economía e Facenda, e Réxime Interior) e portavoz do PP (1995-1999 e 1999-2000). Alcalde de Zaragoza (2000-2003). Concelleiro (2003-2007) e portavoz (2003-2005) do PP no Concello de Zaragoza, Deputado e portavoz do PP da Deputación Provincial de Zaragoza (1991-1995 e 1995-1999). Senador pola provincia de Zaragoza desde 2004.

Categoría:Nados en 1960 Categoría:Senadores de España Categoría:Alcaldes de Zaragoza Categoría:Políticos do PP Categoría:Nados en El Vallecillo Categoría:Alumnos da Universidade de Zaragoza Categoría:Finados en 2013