Volvo é unha marca de automóbiles de orixe sueca, coñecida pola súa alta seguridade ante accidentes. Ademais de automóbiles de turismo, fabrica vehículos industriais, incluíndo camións, autobuses, tractores e equipamento de construción.

miniatura|Volvo XC90 II.

Foi fundada en Gotemburgo en 1927 polo enxeñeiro Gustav Larson e o economista Assar Gabrielsson. En 1999 vendeu a filial Volvo Car Corporation a Ford Motor Company, que á súa vez a vendeu en 2010 á empresa chinesa Geely Automobile.

O nome da empresa vén do latín, do verbo "rodar". O emblema, o círculo e a frecha, é o símbolo do deus grego Apolo, usado polos alquimistas para referirse ao aceiro co que se fabricaron os primeiros vehículos.

Son os organizadores da Volvo Ocean Race, a regata que dá a volta ao mundo mediante embarcacións de vela.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Volvo Categoría:Empresas de Suecia