O Paleoxeno (escrito ás veces Paleóxeno), tamén coñecido como terciario temperán, é, na escala de tempo xeolóxico, un período xeolóxico, o que inicia a era Cenozoica. O Paleoxeno destacou especialmente pola evolución dos mamíferos a partir de especies pequenas e relativamente pouco importantes como o eran a finais do cretáceo.
División temporal Comezou hai 65,5 ± 0,3 millóns de anos e acabou hai 23,03 millóns de anos, cunha duración, por tanto, duns 43 millóns de anos.Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.International Stratigraphic Chart, 2008"Whatever happened to the Tertiary and Quaternary?"
Divídese en tres épocas xeolóxicas: paleoceno, eoceno e oligoceno.
Bioloxía Os organismos que permaneceron nos océanos son os taxons que persisten hoxe en día. Sobre a Terra, as plantas con flor (anxiospermas) do Paleóxeno eran parecidas ás do Cretáceo Superior.
A vida animal cambiou drasticamente; os mamíferos, en xeral pequenos ao inicio do paleóxeno, xa eran moi parecidos aos actuais a finais do período. Importantes no período foron: Mesohippus (cabalos), foraminíferos, monos, anxiospermas e a diversificación dos mamíferos.
Xeoloxía O período paleóxeno marcou un tempo de transición na historia da Terra. O cambio climático máis profundo foi o arrefriamento que fixo medrar as rexións polares.
No ámbito xeolóxico global destaca a formación do carbón, os Alpes e, en Suramérica, a subdución de tipo Andino. Formáronse cadeas montañosas actuais en América do Norte (Serra Nevada e Montañas Rochosas) e en Europa (Alpes, cadeas Ibéricas, Béticas, Pireneo e Cantábrica). Os sedimentos que rexistran estes e outros sucesos cenozoicos están, na súa maioría, non consolidados, a excepción de carbonatos e algúns silicatos litificados. Era As cores corresponden aos códigos RGB aprobados pola Comisión Internacional de Estratigrafía. Dispoñíbel no sitio da International Commision on Stratigraphy, en Standard Color Codes for the Geological Time Scale. Período Época Millóns de anos Cenozoico Cuaternario Holoceno 0,011784 Plistoceno 2,588 Neóxeno Plioceno 5,332 Mioceno 23,03 Paleóxeno Oligoceno 33,9 ±0,1 Eoceno 55,8 ±0,2 Paleoceno 65,5 ±0,3 miniatura|Durante o paleóxeno aparecen e diversifícanse os équidos, como Hyracotherium (na ilustración) ou Mesohippus.|centro
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Evolución dos mamíferos Eoceno Oligoceno Paleoceno Xeoloxía histórica Ligazóns externas Paleóxeno Vitrina Era Cenozoica - Período Terciario
Categoría:Xeoloxía Categoría:Escala de tempo xeolóxico