Kosmos 230 (Космос 230 en ruso), tamén denominado DS-U3-S Nº 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 5 de xullo de 1968 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.
Características Kosmos 230 foi o segundo e último membro do modelo de satélites DS-U3-S. Estivo adicado a facer observacións do Sol a diferentes lonxitudes de onda. Foi inxectado nunha órbita inicial de 580 km de apoxeo e 290 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,5 graos e un período de 92,9 minutos. Reentrou na atmosfera o 2 de novembro de 1968.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos DS-U3-S Kosmos 166
Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-U3-S