"Spoonman" é unha canción da banda estadounidense de grunge Soundgarden, editada como primeiro sinxelo do seu álbum ¡¡Superunknown o 15 de febreiro de 1994. Composta polo seu líder Chris Cornell, "Spoonman" adoita a ser considerada como unha das cancións que lanzaron a carreira de Soundgarden ao mainstream. O tema foi número 3 na lista da Billboard Mainstream Rock Tracks. Unha versión da canción remesturada por Steve Fisk apapece nos sinxelos de "Black Hole Sun" e "My Wave". "Spoonman" foi incluída nos recompilatorios da banda A-Sides e Telephantasm.

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Chris Cornell, agás onde se indique. CD e vinilo de 12" (Europa) "Spoonman" – 4:06 "Fresh Tendrils" (Matt Cameron, Cornell) – 4:16 "Cold Bitch" – 5:01 "Exit Stonehenge" (Cameron, Cornell, Ben Shepherd, Kim Thayil) – 1:19

Casete e vinilo de 7" (RU) "Spoonman" – 4:06 "Fresh Tendrils" (Cameron, Cornell) – 4:16

CD promocional (EEUU) "Spoonman" (edit) – 3:50 "Spoonman" – 4:06

CD (Alemaña) "Spoonman" (edit) – 3:51 "Cold Bitch" – 5:11 "Exit Stonehenge" (Cameron, Cornell, Shepherd, Thayil) – 1:19

Vinilo de 12" promocional (RU) "Spoonman" – 4:06

CD (Australia e o Canadá) "Spoonman" – 4:06 "Cold Bitch" – 5:01

Categoría:Sinxelos de 1994 Categoría:Cancións de Soundgarden