Bricoking é unha empresa galega con sede en Bergondo dedicada á comercialización de produtos e servizos de bricolaxe.
Historia Bricoking tivo a súa orixe na Coruña en 1994 cando se iniciou o proxecto de establecementos con dúas pequenas ferreterías de barrio.
O negocio evolucionou no sector coa experiencia e a empresa apostou por un centro de maiores dimensións adicado en exclusiva ao bricolaxe, a decoración e o xardín. Tomando como base a bricolaxe noutros países europeos adaptado ao mercado español.
En 1996 Bricoking abriu o primeiro centro na Coruña, tres anos despois abriu en Ourense. Agora ten tendas en Galiza, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Andalucía, Cantabria, Murcia, Madrid, Navarra e Illas Canarias. En total ten 33 establecementos, tanto en réxime de franquía como propios.
A sede de Bricoking está dende o 2005 no edificio Utande de Bergondo, construído no ano 1974 e dende entón abandonado. O edificio de formigón e cristal ía ser a sede dunha empresa de novas tecnoloxías que crebou"A empresa Bricoking instala a súa sede nacional no edificio Utande" ; artigo en La Voz de Galicia, 5 de xullo de 2005.. En 2013 o grupo belga Hubo deixou a empresa en mans do fundador .
A finais de 2016 Bricoking declarábase en suspensión de pagos cunha débeda de 24,3 millóns de euros, superior ao seu patrimonio.
Produtos e servizos Cociña Decoración Electricidade Ferraxaría Ferramentas Iluminación Xardín Madeiras e revestimentos Moble kit Pintura Sanitario
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Bricoking
Categoría:Empresas de Galicia