Os centrofóridos (Centrophoridae) son unha familia de elasmobranquios selaquimorfos da orde dos escualiformes (Squaliformes) propios de augas temperadas e tropicais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico,Froese, R. e D. Pauly (eds.) (2009) FishBase , versión 10/2009. coñecidos vulgarmente como lixas, especialmente as especies do xénero Centrophous.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 189.
Características As lixas son tiburóns pequenos, de 80 a 160 cm de lonxitude. Teñen dúas aletas dorsais con espiñas estriadas. Os dentes do maxilar inferior son máis grandes que os do superior. Carecen de fosas precuadais e de quillas laterais no pedúnculo caudal.
Historia natural Son ovovivíparos e os embrións aliméntanse só de vitelo.
Taxonomía A familia inclúe dos xéneros e 18 especies:
Xénero Centrophorus miniatura|250px|Centrophorus granulosus miniatura|250px|Centrophorus squamosus
Centrophorus acus Centrophorus atromarginatus Centrophorus granulosus, a lixa de lei ou lixa propiamente dita. Centrophorus harrissoni Centrophorus isodon Centrophorus lusitanicus, a lixa lusitánica Centrophorus moluccensis Centrophorus niaukang Centrophorus robustus Centrophorus seychellorum Centrophorus squamosus, a lixa negra Centrophorus tessellatus Centrophorus uyato (Rafinesque, 1810), actualmente clasificada como Squalus uyato Rafinesque, 1810, a lixa pequena Centrophorus westraliensis Centrophorus zeehaani miniatura|250px|Deania calcea
Xénero Deania Deania calcea (Lowe, 1839), a zapata de bico Deania hystricosa Garman, 1906, a zapata lixa Deania profundorum Smith & Radcliffe, a zapata seta Deania quadrispinosum McCulloch
En Galicia
En augas galegas aparecen citadas na bibliografía as especies Centrophorus granulosusRodríguez Villanueva et al. (1992), p. 92., para a que Ríos Panisse recolleu na Guarda o nome de lixa,Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimnas de Galicia. I. Invertebrados y peces.. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Composrtela, Verba, Anejo 7. ISBN 84-7191-008-X, p. 169. C. squamosus Rodríguez Villanueva et al. (1992), p. 93. e Deania calcea.Solórzano et al. (1988), p. 14.Rodríguez Villanueva et. al. (1992), p. 74.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2. Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8. Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
Outros artigos Tiburóns Centrophorus
Ligazóns externas Centrophoridae en FishBase.
Categoría:Escualiformes