O Goberno das Canarias é a institución que ostenta o poder executivo no marco competencial da Comunidade Autónoma das Canarias conferido polo Estatuto de Autonomía das Canarias.
O Estatuto de Autonomía das Canarias (aprobado mediante a Lei Orgánica 10/1982, de 10 de agosto, reformada pola Lei Orgánica 4/1996, de 30 de decembro) é a norma institucional que constitúe á Comunidade Autónoma das Canarias, provéndoa do seu marco organizativo e funcional básico. Na cúspide administrativa, e como expoñente do poder executivo autonómico, atopámonos co Goberno das Canarias.
O Goberno das Canarias ten a súa sede principal en Santa Cruz de Tenerife e As Palmas de Gran Canaria.
Presidentes Presidentes da Xunta das Canarias (etapa preautonómica)
Nome Inicio Fin Partido Alfonso Soriano Benítez de Lugo 14 de abril de 1978 9 de xuño de 1979 UCD Fernando Bergasa Perdomo 9 de xuño de 1979 9 de xuño de 1980 UCD Vicente Álvarez Pedreira 9 de xuño de 1980 12 de xuño de 1981 UCD Fernando Bergasa Perdomo (2ª vez) 12 de xuño de 1981 14 de xuño de 1982 UCD Francisco Javier Ucelay Sabina 14 de xuño de 1982 29 de decembro de 1982 UCD Jerónimo Saavedra Acevedo 29 de decembro de 1982 11 de xuño de 1983 PSOE
Presidentes do Goberno das Canarias (etapa autonómica)
Nome Inicio Fin Partido Jerónimo Saavedra Acevedo 11 de xuño de 1983 30 de xullo de 1987 PSOE Fernando Fernández Martín 30 de xullo de 1987 28 de decembro de 1988 CDS Lorenzo Olarte Cullén 28 de decembro de 1988 11 de xullo de 1991 CDS Jerónimo Saavedra Acevedo 11 de xullo de 1991 2 de abril de 1993 PSOE Manuel Hermoso Rojas 2 de abril de 1993 16 de xullo de 1999 CC Román Rodríguez Rodríguez 16 de xullo de 1999 8 de xullo de 2003 CC Adán Martín Menis 8 de xullo de 2003 13 de xullo de 2007 CC Paulino Rivero Baute 13 de xullo de 2007 7 de xullo de 2015 CC Fernando Clavijo Battle 7 de xullo de 2015 16 de xullo de 2019 CC Ángel Víctor Torres 16 de xullo de 2019 12 de xullo de 2023 PSOE Fernando Clavijo Battle 12 de xullo de 2023 Presente CC
250px|miniatura|Sede do Goberno Canario en Santa Cruz de Tenerife 250px|miniatura|Sede do Goberno Canario nas Palmas de Gran Canaria
Consellerías Estes son as actuais consellería do goberno das Illas Canarias:
CargoNomePresidentePaulino RiveroConselleiro de Educación, Universidades e SostibilidadeJosé Miguel Pérez GarcíaConselleiro de Economía, Facenda e SeguridadeJavier González OrtizConselleiro de Presidencia, Xustiza e IgualdadeFrancisco Hernández SpínolaConselleiro de Agricultura, Gandería, Pesca e AugasJuan Ramón Hernández GómezConselleira de Cultura, Deporte, Políticas Sociais e VivendaInés Nieves RojasConselleira de Emprego, Industria e ComercioMargarita Isabel Ramos QuintanaConselleiro de Obras Públicas, Transportes e Política TerritorialDomingo BerrielConselleira de SanidadeBrígida Mendoza Betancor
Competencias transferidas As transferencias realizáronse desde o Goberno de España ao Goberno da comunidade a través do Estatuto de Autonomía e da Lei Orgánica de Transferencia de Competencias ás Canarias (LOTRACA) coas súas correspondentes reformas. Sanidade (1994) Servizos Sociais (1982) Servizos de emprego (1999) Mocidade (1982) Traballo (Relacións Laborais), Mediación, Arbitraxe e Conciliación (1984) IMSERSO (1985)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Parlamento das Canarias
Ligazóns externas Páxina oficial do Goberno das Canarias
Categoría:Política das Canarias Canarias