La Galerna foi un periódico editado en Ourense entre 1900 e 1901.

Historia e características Subtitulado Revista semanal e católica, apostólica e clerical, apareceu en agosto de 1900. Saía todos os domingos. Estaba dirixida por Basilio Álvarez (que figuraba cun pseudónimo, como Silvio Alba Reza)Cabo Villaverde (2003), p. 36 e o seu único redactor era Antonio Rey Soto. Imprimíase nos talleres de El Eco de Orense, baixo a supervisión de Valentín Lamas Carvajal. Recibiu frecuentes críticas de El Socialista. Non se conserva máis que o nº 3, do 2 de setembro de 1900.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense

Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:1900 en Galicia