A dos triáquidos (Triakidae) é unha familia de elasmobranquios pleurotremados da orde dos carcarriniformes (Carcharhiniformes), pequenos ou medianos tiburóns (de 37 cm a 220 cm de lonxitude os adultos) con dúas grandes aletas dorsais sen espiñas e unha aleta anal, e ollos ovais con membranas nictitantes, que viven en todo o mundo, en augas cálidas e temperadas, onde se alimentan de peixes e invertebrados no fondo do mar e en augas medias.Froese, Rainer e Daniel Pauly, eds. (2009): Triakidae en FishBase. Versión xaneiro de 2009. Consultada o 10/12/23012.

Segundo as especies, poden ser vivíparos ou ovovivíparos.

A familia inclúe, entre outras, os xéneros Galeorhinus (con Galeorhinus galeus, o cazón) e Mustelus (con Mustelus mustelus, o cazón liso e Mustelus asterias, o cazón branco), e —de considerarmos este xénero dentro da familia—, todos eles comúns nas augas galegas.Rodríguez Villanueva et al. (1992), pp. 60-65.

Clasificación Taxonomía

A familia dos triáquidos inclúe 45 especies en nove xéneros,Froese, Rainer e Daniel Pauly, eds. (2010): Triakidae en FishBase, versión 7 de xaneiro de 2010 repartidos en dúas subfamilias, a dos triaquinos (Triakinae Gray, 1851), cos xéneros Mustelus, Scylliogaleus e Triakis, e a dos galeorrininos (Galeorhininae Gill, 1862), co resto dos xéneros.Compango, L. J. V. (2003): Sharks of the Order Carcharhiniformes. Caldwell, New Jersey, USA: Blakburn Press. ISBN 1-930665-76-8.

Familia Triakidae Subfamilia Triakinae Gray, 1851 Xénero Mustelus Xénero Scylliogaleus Xénero Triakis Subfamilia Galeorhininae Gill, 1862 Xénero Furgaleus Whitley, 1951 Xénero Galeorhinus Blainville, 1816 Xénero Gogolia Compagno, 1973 Xénero Hemitriakis Herre, 1923 Xénero Hypogaleus J. L. B. Smith, 1957 Xénero Iago Compagno & Springer, 1971

Algúns autores elevan ao rango de familia estas subfamilias, polo que a dos triáquidos quedaría reducida aos tres xéneros anteditos, integrando os restantes a dos galeorrínidos (Galeorhinidae).Blackwelder, Richard E. (1972): Guide to the taxonomic literature of vertebrates. Madison: University of Wisconsin. ISBN 0-8138-1630-0.

Cladograma Cladograma da familia dos triáquidos Fanmilia Triakidae Subfamilia Triakinae Tribo Scylliogaleini Xénero Scylliogaleus Tribo Triakini Xénero Mustelus Xénero Triakis Subxénero Triakis Subxénero Cazon (pode ser un xénero) Genus Cazon de Buen, 1959 en The Taxonomicon. Consultada o 10/12/2012. Subfamilia Galeorhininae Tribo Galeorhinini Xénero Galeorhinus Xénero Hypogaleus Tribo Iagini Xénero Gogolia Xénero Hemitriakis Xénero Iago

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.

Outros artigos Tiburóns Carcarriniformes

Ligazóns externas Triakidae en SIIT. Consultada o 23/10/2018 Triakidae en World Register of Marine Species. Consultada o 10/12/2012. Triakidae en NCBI Consultada o 10/12/2012.