Chimbote é unha cidade da costa norcentral do Perú, capital da Provincia de Santa, no extremo noroeste do Departamento de Ancash. Localízase na costa do océano Pacífico na baía El Ferrol, na desembocadura do río Lacramarca. miniatura|Foto satélite da cidade de Chimbote A cidade de Chimbote segundo o Instituto Nacional de Estatística e Informática é a novena cidade máis poboada do Perú e albergaba no ano 2007 unha poboación de 320.240 habitantes.
Chimbote é coñecida pola actividade portuaria que nela se desenvolve, así como por ser sede importante da industria pesqueira e siderúrxica do país, ademais de eixe comercial desta parte do Perú. miniatura|Inmigrantes galegos en Chimbote en 1956. Chimbote foi destino da emigración galega.
Etimoloxía
A verba Chimbote aparece rexistrada por primeira vez a mediados da época colonial, en 1774, mais, o seu significado é descoñecido a día de hoxe. Así, en 1924, Enrique Tovar refire:
As primeiras especulacións dunha etimoloxía quechua deste topónimo proveñen do século XX. A primeira é exposto por César Guardia, en 1967: Esta explicación resulta contradita pola propia gramática do quechua, xa sexa que se refira ao quechua clásico ou ao quechua ancashino, que nunca rexistraron un sufixo -ti como pluralizador.
A outra explicación da orixe quechua vén da man dos periodistas José Gutiérrez e Demetrio Ramos, quen en Chimbote a través de la historia (1969) sindican ao verbo chimbar, quechuísmo proveniente de <chimba>, sen profundar no proceso de formación da palabra. Segundo o lingüista Gary Parker (1976), tsimpay significa en quechua ancashino 'cruzar un río', e a nosorizaciòn de /p/ na proximidade de /-m/ en posición de coda silábica é coñecido para o quechua, pero queda no aire a transformación de /a/ en <o>, anómala, como a mesma adición de -te.
En 1989, o lingüista Willem Adelaar propuxo a primeira etimoloxía cun tratamento académico apropiado, formulando que Chimbote fora unha palabra de orixe culle, lingua andina morta na actualidade que se estendeu na serra de La Libertad e o norte de Ancash e parte do sueste de Cajamarca. Nesta rexión, son comúns os topónimos de terminación -t, atopándose ademais outras localidades próximas a Chimbote coa mesma terminación -te, a saber: Macate e Guacate. A raíz da palabra quedaría aínda así descoñecida xa que o léxico culle non foi rexistrado suficientemente antes da súa extinción a mediados do século XX.Adelaar, Willem F.H. 1989. En pos de la lengua culle. R. Cerrón-Palomino & G. Solís Fonseca (comp.) Temas de lingüística amerindia. Primer Congreso Nacional de Investigaciones Lingüístico-Filológicas: 83-105. Lima: CONCYTEC.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Localización de Chimbote (Wikimapia)
Categoría:Cidades do Perú