Andrea Iannone, nado en Vasto, Italia, o 9 de agosto de 1989, é un piloto profesional de motos que corre actualmente en MotoGP cunha Ducati Pramac e é compañeiro de equipo do estadounidense Ben Spies.
Biografía Andrea comezou a destacar como bo piloto en campionatos italianos e españois, e en 2005 realizaría a súa primeira fichaxe por Aprilia para disputar a tempada completa. No ano seguinte (2006) fracturouse dúas vértebras, o que lle condicionou toda a vida. Foi no 2008, no GP da China, onde conseguiu a súa primeira vitoria coma profesional na categoría de 125 cc.
Tempada 2009 En 2009 comezou dunha maneira espectacular, con dúas vitorias consecutivas, que o poñían como o líder do Campionato e serio aspirante ao título, pero a súa inexperiencia e a súa irregularidade relegárono á sétima posición do campionato ao rematar a tempada.
Neste mesmo ano produciuse un dos incidentes máis significativos da súa carreira deportiva, no Gran Premio de San Marino derribou na última curva a Pol Espargaró, que ía primeiro despois de remontar 13 posicións. Produciuse un rifirrafe entre eles, durante o cal Espargaró golpeou e rompeu á cúpula da moto de Iannone, e este reaccionou dándolle un cabezazo a Espargaró co casco posto. Despois, o piloto italiano díxolle á prensa: Eu non lle toquei porque me da noxo. Os españois son así, el quería gañar e eu tamén. Desgústame telo tirado, porque non o fixen a propósito. Se me conformase co segundo posto non pasaría isto, pero quería gañar. Por este suceso, sancionaron a Iannone con 5.000 dólares e foi duramente criticado polos medios de comunicación, causando a perda dalgún patrocinador. Na seguinte carreira, en Estoril, Iannone desculpouse con Espargaró.http://www.rtve.es/deportes/20090906/andrea-iannone-no-he-tocado-a-espargaro-porque-da-asco/291324.shtml
Tempada 2010 Na tempada 2010, Andrea Iannone correu na nova categoría de Moto2. Ese ano fichou polo equipo Aprilia onde compartiu equipo con Gabor Talmacsi. Despois dun comezo lento, conseguiu vitorias en Mugello e Assen. Porén foi sancionado en Barcelona, cando recibiu unha penalización "ride-through" por adiantar a Yuki Takahashi baixo condicións de bandeira amarela. A continuación, pasou a gañar de novo en Motorland Aragón, unha pista nova no calendario de MotoGP en 2010. Rematou terceiro no Mundial, conseguindo 3 vitorias e 5 podios.
Tempada 2011 No ano 2011, Iannone firmou polo equipo Speed Master Team, do que é socio seu pai, sendo o único piloto do equipo. Rematou a tempada no terceiro posto do mundial de Moto2 por detrás de Stefan Bradl e Marc Márquez, tras gañar a Alex de Angelis na última carreira da tempada (Valencia) e así lograr 3 vitorias e 6 podios.
Tempada 2012 Na tempada 2012 seguiu no mesmo equipo (Speed Master Team) e rematou a tempada en Moto2 quedando terceiro no Mundial, por detrás de Pol Espargaró e Marc Márquez. En setembro dese ano anunciou que para a próxima tempada correría en MotoGP cunha Ducati Pramac e sería compañeiro de equipo do estadounidense Ben Spies.http://www.plusmoto.com/ben-spies-andrea-iannone-fichan-ducati-pramac-racing-2013.html
Estatísticas Tempadas TempadaCategoríaEquipoMotoCarreirasVitoriasPodiosPolePuntosPosicións 2005 125cc Aprilia Aprilia RSV 125 15 0 0 0 20 20º 2006 125cc Aprilia Aprilia RSV 125 11 0 0 0 15 22º 2007 125cc Aprilia Aprilia RSV 125 17 0 0 0 26 20º 2008 125cc Aprilia Aprilia RSV 125 17 1 1 1 106 10º 2009 125cc Aprilia Aprilia RSV 125 16 3 4 2 122.5 7º 2010 Moto2 Speed Up FTR Moto M210 17 3 8 5 199 3º 2011 Moto2 Suter Suter MMXI 17 3 6 0 177 3º 2012 Moto2 Speed Up Speed Up 12 2 5 0 165 3º 2013 MotoGP Ducati Ducati Pramac Total 122 12 24 8 830.5
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Pagina en eurosport
Categoría:Pilotos de motociclismo de Italia Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Italia