Manuel Gómez Pereira, nado en Madrid o 8 de decembro de 1958, é un director de cine e guionista español.
Traxectoria
Empezou os seus estudos de Arquitectura, mais abandonounos tempo despois para iniciar a carreira de Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid. É sobriño do director de cine Luis Sanz.
Desde 1973 estivo colaborando en longametraxes de directores como José Luis García Sánchez, Fernando Colomo ou Antonio Mercero.
En 1979 dirixiu a película Nos va la marcha canda Manu Berástegui e Raimundo García.
En 1991 dirixiu a súa primeira película en solitario, Salsa rosa, facendo de guionista canda Joaquín Oristell, Yolanda García Serrano e Juan Luis Pérez Iborra.
Filmografía
Ano Filme 2009 El juego del ahorcado 2005 Reinas 2004 Cosas que hacen que la vida valga la pena 2004 ¡Hay motivo! 2001 Desafinado 1999 Entre las piernas 1996 El amor perjudica seriamente la salud 1995 Boca a boca 1994 Todos los hombres sois iguales 1993 ¿Por qué lo llaman amor cuando quieren decir sexo? 1992 Salsa rosa 1979 Nos va la marcha
Galardóns
Premios Godoy Ano Categoría Película Resultado 2001 Premio Godoy á peor película Desafinado Gañador 2005 Premio Francisco de Paula ao mellor guión ¡Hay motivo! Candidato
Premios Goya Ano Categoría Película Resultado 1992 Mellor dirección novel Salsa rosa Candidato 1994 Mellor guión orixinal Todos los hombres sois iguales Gañador 1995 Mellor guión orixinalMellor director Boca a boca Candidato 2004 Mellor documental ¡Hay motivo! Candidato
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1953 Categoría:Directores de cinema de España Categoría:Guionistas de España Categoría:Españois de ascendencia galega