William Terrell Buford, nado o 10 de xaneiro de 1990, é un xogador profesional de baloncesto americano que xoga no Darüşşafaka Tekfen da Basketbol Süper Ligi. Cunha estatura de 1,98 metros xoga na posición de escolta.

Traxectoria deportiva Buford non foi elixido no Draft da NBA de 2012. Participou nunha pequena concentración cos Minnesota Timberwolves antes do comezo da Summer League da NBA, na que xogou cos Timberwolves. En dous partidos con Minnesota, Buford acadou un total de 5 rebotes e 2 asistencias.

En agosto de 2012, asinou o seu primeiro contrato profesional co Blu:sens Monbús da Liga ACB.Blusens Monbus ficha al escolta anotador de Ohio State William Buford ACB.com 27 de agosto de 2012

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na web oficial da FEB

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do Tigers Tübingen Categoría:Xogadores do CSP Limoges‎ Categoría:Xogadores do BCM Gravelines Categoría:Xogadores do BG Göttingen Categoría:Xogadores do Pallacanestro Virtus Roma Categoría:Xogadores do Darüşşafaka SK