Giovanni Passannante, nado en Salvia di Lucania, Basilicata, o 19 de febreiro 1849 e finado en Montelupo Fiorentino, Toscana, o 14 de febreiro de 1910, foi un anarquista italiano, coñecido por ter tentado asasinar o rei Humberto I de Savoia o 17 de novembro de 1878 en Nápoles. Traxectoria Condenado á morte, súa pena foi despois cambiada para cadea perpetua. O anarquista foi detido en Portoferraio, Illa de Elba, nunha cela pequena e escura baixo o nivel do mar, en completo illamento durante 10 anos. Enlouquecido, foi levado ao hospital psiquiátrico en Montelupo Fiorentino, onde morreu en 1910.

Despois do intento de rexicidio, a súa cidade natal foi forzada a mudar o nome para Savoia di Lucania en homenaxe á familia real.

Ligazóns externas Biografía de Giovanni Passannante.

Categoría:Anarquistas de Italia Categoría:Nados en 1849 Categoría:Finados en 1910 Categoría:Personalidades de Italia Categoría:Nados na provincia de Potenza